#Fútbol afeccionado #Feminino

O PM Friol B regresa á Primeira Galicia

O PM Friol B volta a Primeira Galicia un ano despois do seu descenso. E faino despois de superar unha sufrida eliminatoria ante o Touro. O empate da ida deixaba todo aberto para o duelo definitivo na Reigosa. As de Geluco non querían sorpresas e volcáronse sobre a meta rival desde o asubío inicial. Aínda así, o soberbio traballo defensivo do equipo de Xanzy provocou que non se visen goles no primeiro acto.

Tralo paso pola zona de vestiarios, mantívose o guión. O conxunto lucense picaba pedra sen éxito ata que, sobre a hora de partido, Nere Lombardero marcou as diferenzas. A xogadora da Pontenova aproveitou un pase entre liñas para quedarse soa ante a meta visitante e enviar o balón ao fondo das mallas. No tramo final, o PM Friol B adicouse a defender a súa vantaxe para que non lle quitasen a festa dos fuciños.

CD Lugo e Antas cumpriron os prognósticos e a Milagrosa cargouse ao San Roque na Copa

O CD Lugo impuxo a lóxica no Sangoñedo ante un Chantada que deu toda a guerra que puido. As de Joaquín Blanco monopolizaron a posesión de balón pero non deron co camiño do gol ata xusto antes do descanso, cunha boa acción individual de María.

Na reanudación, o encontro seguiu polo mesmo rego. Se ben é certo, que Ángeles dispuxo dunha oportunidade para empatar. Non o fixo; e un mandón CD Lugo sentenciou con dous tantos máis nas postrimerías do partido.



Pola súa parte, o Antas deuse unha alegría na súa visita a Monforte. Tras un inicio igualado e con ocasións para ambas escadras, as de Dani Abelairas puxeron terra de por medio con dous goles en menos de cinco minutos. O Monte Forte empezaba a cometer erros de máis e as da Ulloa facían o terceiro antes do tempo de lecer.

Cristian Penas apostou por algunha variación para a volta do intermedio. Porén o tempraneiro cuarto tanto do Antas mataba o encontro por completo. Co paso dos minutos, as do Castro Seoane pescaron aínda máis en río revolto. Iso si, o Monte Forte despediuse da Copa co tradicional gol da honra.

Noa, do Monte Forte, co seu galardón #XogadoraTorredeNúñez do mes de maio

Ademais, saltou a sorpresa no Luis López Gorgoso; nun encontro que tiña que disputarse inicialmente no Polvorín. Unha Milagrosa con moitas baixas impúxose na quenda de penaltis a un San Roque con pouca pólvora. As de Quiroga dispuxeron de oportunidades claras e mesmo dous longueiros ante un cadro branquivermello que tirou de efectividade. Nun dos escasos achegamentos das de Héctor Expósito, a Milagrosa logrou igualar o tanto inicial das de Montirón.



O San Roque meteu un só penalti e, tal e como sucedeu a pasada campaña; a Milagrosa eliminou ás verdibrancas nos cuartos de final desde os once metros. E incluso, as de Frigsa reeditarán a semifinal co CD Lugo.

Por último, o PM Friol B e o Carballedo completarán esta rolda de cuartos de final da Copa Deputación este mesmo venres. Xogarán a partires das 21.00 horas na Reigosa, co último pase a semifinais en xogo.

O bonito do fútbol: CD Lugo e Chantada posan xuntos no Sangoñedo

Resultados da xornada

PM Friol B 1-0 Touro

Monte Forte 1-7 Antas

Chantada 0-3 CD Lugo



San Roque 1-1 Milagrosa (p)

O PM Friol B regresa á Primeira Galicia

Chantada Atlético e Ribadeo, á final da

O PM Friol B regresa á Primeira Galicia

Diario dun mercado. Episodio 339

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *