#Fútbol afeccionado

Sesión Plenario 26: Juan Rodríguez – Tucho

26ª Sesión Plenario trae o segundo cruce dos cuartos de final. Xogan o segundo adestrador do Racing Villalbés, Juan Rodríguez e o afeccioando ao fútbol lucense (especialmente ao Muimenta e ao Cospeito), Tucho. A balanza desequilibrouse na cuarta rolda de preguntas.

As quendas de penaltis están sendo protagonistas nas últimas semanas no noso fútbol. Á hora da verdade hai que botar man dos lanzamentos dende os once metros para resolver a igualdade. Aí a sorte xoga un factor diferencial.

Con esa dinámica naceu esta temporada Sesión Plenario, no que tamén a fortuna pode decantar unha eliminatoria. Dependendo da temática da cuestión pode ser máis ou menos asequible para o concursante que está xogando.

Nesta última entrega seguimos coñecendo canto saben de si os nosos participantes. Buscámoslle a retranca ao noso fútbol e preguntamos polo campo no que máis adestrou este ano Brais Prados ou polo conxunto que tivo a fortuna de contar con ‘Lucky’ este curso.



Lucky regresou na temporada 2022/2023 ao seu Friol

Hai que saber sempre de que cor viste o equipo rival, por iso falamos das indumentarias da Comercial e do Roupar.

Falamos de campos de fútbol, pero desta volta dende a perspectiva do concello onde están localizados. A Carqueixa en Sober e o San Lorenzo de Aguiar en Outeiro de Rei foron protagonistas.

Para rematar buscamos pareados e nomes curiosos nos cadros de futbolistas dos equipos desta tempada que está a piques de rematar. Bertín, Miguelín e Davicín no Brollón e Moro e Mora no Celeiro.



XA COÑECEMOS A DOUS SEMIFINALISTAS:

Á espera de que vexades o resultado entre Juan e Tucho, Lourido xa está clasificado para xogar as semifinais. No seu caso, van por distinto lado do cadro. Só se enfrontarían nunha hipotética final.

Nas próximas semanas coñeceremos aos outros dous integrantes que buscarán un oco na final. Lourido xogará co vencedor da eliminatoria entre Oskarinho e Esteban Carracedo. Pola súa parte, Juan ou Tucho xogarán co gañador do cruce entre David Rodríguez e Isaac Rouco.

Os emparellamentos dos cuartos final tamén foron formados por sorteo. Non obstante, as eliminatorias non seguirán a orde do cadro e iranse xogando en función da dispoñibilidade dos participantes.

Á diferenza da primeira rolda, pero ao igual ca nos oitavos, a quenda de xogo vén dada polo propio sorteo. Comezan a responder de primeiros os concursantes cuxa papeleta saíu de primeira.

Esta sección conta co apoio imprescindible de Plenario Veiga. O xerente de Discoteca Hermo e Bar Tibor (patrocionadores principais deste espazo) tamén colabora no concurso para avaliar as respostas dos participantes.



O redactor Iván Calaza foi o encargado de presentar esta vixésimo sexta Sesión Plenario que contou coa presenza do colaborador Plenario Veiga.

JUAN RODRÍGUEZ FALA DE «Resaca emocional» no Racing:

Nesta Sesión Plenario participou, Juan Rodríguez; poucos días despois de vivir un histórico no Racing Villalbés co ascenso á 2ª RFEF. «A resaca emocional aínda dura porque foron moitas sensacións esta fin de semana despois dun ano que tivo fases de todo tipo«, salientou Juan.

O adestrador chantadés viviu a súa primeira tempada nun corpo técnico de Terceira División. «Á marxe do resultado final, a maneira na que se volvou a xente co Racing deulle máis sensacións especiais ao éxito conseguido«, apuntou.

Sesión Plenario 26: Juan Rodríguez – Tucho

Diario dun mercado. Episodio 337

Sesión Plenario 26: Juan Rodríguez – Tucho

Diario dun mercado. Episodio 338

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *