#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal

A mellor previa dunha espectacular Primeira

Xa está aquí. Chega a mellor Primeira Galicia da década. E dende Futbolinlugo queremos ofrecervos a mellor previa, así que aquí vos deixamos co análise máis completo da categoría, cunha descripción individual de cada un dos equipos participantes.

Sarriana: O gran favorito ao ascenso. Reforzos de luxo, especialmente no centro do campo, e fortes en todas as liñas. Ademais, conta no banquiño cun seguro de vida coma Julio Corral.

Ferreira: Recén ascendido, aposta por un home da casa, Óscar Núñez, para dirixir a nave sureña. Buscarán a salvación por enriba de todo no seu regreso á categoría.

O Lemos parte coma un dos favoritos

Chantada: Unha alta e unha baixa importante. Chegou Anxo e marchou o goleador César. Estará na zona alta seguro. Se fan do Sangoñedo un fortín, convertiranse en candidatos ao ascenso.



Bóveda: Pecharon o plantel moi tarde. Cabanelas tratará de conxuntar o plantel o máis rápido posible para loitar polo obxectivo con garantías: a permanencia.

Pastoricense: Levan moitos anos xogando xuntos. E crecen a cada tempada que pasa. Pode ser o gran tapado porque contan cun dos mellores técnicos da Liga, Vitín.

Riotorto: Manteñen un gran bloque, que veñen de apuntalar con tres fichaxes que mellorarán o fondo de armario. Calidade suficiente para pelexar de ti a ti cos galiños da categoría.



Foz: Plantel curto e de calidade. Se as lesións e as sancións non fan moita mella, son candidatos a todo. Perden a Gonzalo na punta. Iso sí, incorporan a Manolito, home codiciado cada ano na Mariña.

Páramo: Equipo correoso baixo a batuta de Piru. Poden darlle un susto a calquera. Contan con varios xogadores interesantes. Quizais sufran na zona defensiva, o seu principal hándicap.

Monterroso: Manteñen o bloque. Foise Fernandito e chegou Cañón. Dispoñen de xogadores de moito nivel do centro do campo para arriba. Será un conxunto difícil, coma todos os de JC Rodríguez. Quizais sexa un dos tapados cara ao ascenso.

Aquí están os inquilinos de tódolos banquiños da Primeira

Santaballés: Quizais pequen algo na defensa, pero os nomes do centro do campo cara arriba asustan. A pouco que se fagan fortes nas dúas áreas, estarán arriba.

Xermade: Chegan á categoría con toda a humildade do mundo. Con ganas de agradar co seu fútbol. E, sobre todo, co obxectivo de manterse e consolidarse na Primeira Galicia da man de Rebolo.

Lemos: Armaron un plantel moi xeitoso en tempo récord. Se non tardan moito en acoplarse, loitarán cos grandes da categoría. O importante, teñen proxecto serio e a medio-longo prazo.

San Roque: Convertéronse en filial da Residencia. Só seguen sete xogadores dos que conqueriron o ascenso. O resto, xóvenes talentos da Cheda. Teñen un obxectivo claro: salvarse.

Xove Lago: Cos pés no chan e sen renunciar a nada. Kiko Rey deixou o banquiño, que chegou a boas mans: Miguel Sancosmed. Primeiro pecharán a permanencia e logo, a soñar con cotas maiores.

Pontenova: Dani Moirón conserva o groso do plantel que arrasou a campaña pasada na Segunda. A Mina será un campo moi difícil para todos os rivais. Obxectivo: a salvación.

San Ciprián: Logo da súa gran segunda volta, este bloque invita ao optimismo. Máis aínda, tras renovar ao desexado Borja Mella. No seu campo, van ser un rival moi duro de roer.

Valadouro: Perderon varias pezas importantes, que trataron de compensar neste mercado. O seu rendemento é unha incógnita. Quizais non lles chegue para estar cos conxuntos que pelexen o ascenso.

Taboada: A xubilación de Emilio pesa moito. Martín Murado terá que facer boa a mestura entre xuventude e veteranía para manter a categoría unha campaña máis. Non resultará doado.

A mellor previa dunha espectacular Primeira

Que ver esta fin de semana? (2-3

A mellor previa dunha espectacular Primeira

Todo comezou na do Tino de Castroverde

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *