#Fútbol afeccionado

Sesión Plenario extra: os mellores momentos de 10 capítulos

Catro son os capítulos que faltan para completar a primeira fase de Sesión Plenario. O concurso que entretén e difunde o fútbol lucense consolídase como unha das novidades desta tempada.

Antes de seguir avanzando nas eliminatorias, facemos un parón e rescatamos os mellores momentos dos primeiros dez cruces. As preguntas e respostas máis curiosas e os momentos para as risas marcan seis minutos de puro show.

As inscricións en Sesión Plenario aínda están abertas, faltan catro concursantes por apuntarse para completar esta primeira edición. Quen estea interesado debe mandar un correo a futbolinlugo@gmail.com co asunto SESIÓN PLENARIO.

Por Sesión Plenario pasaron xa xogadores, integrantes de corpo técnico, directivos e afeccionados. Polo momento xa hai dez clasificados para a seguinte rolda do espazo que entretén e difunde o fútbol da provincia. 



A Mariña é polo momento a zona xeográfica que máis participantes ten nos oitavos de final.O dianteiro Kiños do Folgueiro, o delegado Manu e a afeccionada Noelia do Burela e o atacante Antón Teijeira do Iberia son catro dos que xa pasaron de fase. 

Isaac Rouco Tucho representan á Terra Chá. Andrés Rodríguez (míster da Comercial) deixou quedar ben á capital.

Pola súa banda, David Rodríguez e o Chapu colocaron a Portomarín nos oitavos de final. Ademais de representar por todo o alto ao mundo da arbitraxe e das directivas, respectivamente.



Ás directivas tamén as deixa en bo lugar Koeman. O ex futbolista da Ulloa e presidente do Antas está clasificado para os oitavos de final.

Concursantes na repesca (xogaranse dúas prazas para os oitavos de final):

1. Lourido, xogador do Meira

2. Víctor Valiño, futbolista do Relámpago Taboada

3. Sotogol, xogador do Celta Barreiros



4. Samu López, futbolista do Racing Villalbés B

Esta sección conta co apoio imprescindible de Plenario Veiga. O xerente de Discoteca Hermo e Bar Tibor (patrocionadores principais deste espazo) tamén colabora no concurso para avaliar as respostas dos participantes.

Nos mellores momentos interveñen os redactores Diego Díaz e Iván Calaza, o colaborador Plenario Veiga, e os concursantes Marino, Kiños, Víctor Valiño, David Rodríguez, Javi Regueiro, Samu López, Tucho, Xusto, Noelia Castro, Andrés Rodríguez, Kevin Varela e Diego Chao.

Sesión Plenario extra: os mellores momentos de 10 capítulos

Máxicos Futbolinlugo. Xornada 18

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *