Futbolinlugo estrea o noveno capítulo de Sesión Plenario. A novena eliminatoria cruzou a dúas persoas afeccionadas ao fútbol da provincia. Por unha parte, xogou Isma Torres seareiro da SD Antas. Do outro lado estivo Noelia Castro, seareira da SD Burela.
O concurso estivo moi igualado e serviu tamén para indicar que non fai falta formar parte dende dentro de ningún equipo para poder participar. Como no caso de Isma e Noelia, calquera que lle guste o fútbol lucense pode unirse.
As inscricións en Sesión Plenario aínda están abertas. Quen estea interesado debe mandar un correo a futbolinlugo@gmail.com co asunto SESIÓN PLENARIO. Quedan as últimas prazas libres. En total serán 28 concursantes nesta primeira temporada.
Por Sesión Plenario pasaron xa xogadores, integrantes de corpo técnico, directivos e afeccionados. Agardamos que a participación de Noelia Castro sirva de exemplo para que máis mulleres se animen a probar sorte coas preguntas.
Polo momento xa hai nove clasificados para a seguinte rolda do espazo que entretén e difunde o fútbol da provincia. A Mariña é polo momento a zona xeográfica que máis participantes ten nos oitavos de final.
O dianteiro Kiños do Folgueiro, o delegado Manu do Burela, o atacante Antón Teijeira do Iberia e o dianteiro do Xove Lago Diego Chao son catro dos que xa accederon de rolda. Isaac Rouco e Tucho representan á Terra Chá.
Pola súa banda, David Rodríguez e o Chapu deixan quedar ben a Portomarín. Ademais de representar por todo o alto ao mundo da arbitraxe e das directivas, respectivamente.
Concursantes na repesca (xogaranse dúas prazas para os oitavos de final):
1. Lourido, xogador do Meira
2. Víctor Valiño, futbolista do Relámpago Taboada
3. Sotogol, xogador do Celta Barreiros
4. Samu López, futbolista do Racing Villalbés B
Esta sección conta co apoio imprescindible de Plenario Veiga. O xerente de Discoteca Hermo e Bar Tibor (patrocionadores principais deste espazo) tamén colabora no concurso para avaliar as respostas dos participantes.
O redactor Iván Calaza foi o encargado de presentar esta novena Sesión Plenario que contou tamén coa presenza do propio Plenario Veiga.