#Fútbol afeccionado

Sesión Plenario 02: Valiño – Manu

Futbolinlugo estrea o segundo capítulo da nova sección titulada Sesión Plenario. Tal e como viñamos anunciando nas últimas semanas trátase dun concurso que ten por obxectivo o entretemento e a difusión do fútbol lucense.

En cada programa participarán dous concursantes. Haberá cinco preguntas para cada un e o que máis acerte accederá a unha seguinte eliminatoria. Así sucesivamente ata chegar a gran final cuxo gañador levará un gran premio.

Na segunda eliminatoria participaron Víctor Valiño e Manu Martínez. Polo momento aproveitándose da oferta que temos para os primeiros concursantes: ningún queda eliminado, xa que o perdedor queda encadrado nunha repesca. Isto só pasará nos seguintes dous programas.

Esta nova sección conta co apoio imprescindible de Plenario Veiga. O xerente de Discoteca Hermo e Bar Tibor (patrocionadores principais deste espazo) tamén colabora no concurso para avaliar as respostas dos participantes.



Dende aquí animamos a toda a comunidade do noso fútbol a participar neste proxecto. O primeiro paso é moi sinxelo; enviar un correo a futbolinlugo@gmial.com co asunto ‘SESIÓN PLENARIO’. O segundo paso aínda é máis fácil porque pasalo ben está asegurado.

Neste segundo programa Valiño representou simbolicamente ao Relámpago Tabaoda e Manu fixo o propio co Burela. Como o cadro taboadense está por baixo en categorías, foi o futbolista monterrosino o que abriu a quenda das preguntas. O redactor Iván Calaza foi o encargado de presentar esta segunda Sesión que contou tamén coa presenza de Plenario Veiga.



Sesión Plenario 02: Valiño – Manu

A Porra de Futbolinlugo, 9

Sesión Plenario 02: Valiño – Manu

Un golazo de Xaime dalle tres puntos

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *