Ata tres derbis se xogaron nunha data na que chegou o primeiro empate ligueiro para o San Lázaro. E a primeira derrota para o Monte Forte nesta Segunda Galicia.
A Milagrosa asinou o resultado máis abultado, ao golear a domicilio á Comercial. As de Héctor Expósito certificaron con rotundidade a súa superioridade. E transfórmarona en goles, en especial co póker de Leire. As branquivermellas deixaron o encontro visto para sentencia na primeira metade, co 0-4 antes do descanso.
Máis disputados foron os outros dous enfrontamentos entre conxuntos da provincia. O San Roque levouse o derbi ante o Carballedo nunha completa primeira metade. En especial, na media hora inicial na que conqueriu os tres goles. Dobrete de Irene Rebolo incluído. Diana recurtou diferenzas para as de Adrián Rodríguez antes do descanso. As do Catro Ventos melloraron as súas prestacións na segunda metade ante un cadro local conforme coa súa vantaxe. No entanto, non se rexistraron máis goles e a vitoria quedou en Montirón.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/11/WhatsApp-Image-2022-11-07-at-21.30.18.jpeg)
Na outra parte da capital, o San Lázaro deixouse os primeiros puntos da tempada ante o Chantada. As rapazas de Gorry fixeron un gran partido e adiantáronse nada máis comezar cun gol de Eva. O cadro de Luchi non deu coa tecla nesta xornada e salvou un punto, cun tanto de Jenny no mellor tramo de xogo das da Ponte.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
O Chantada mereceu mellor sorte. Especialmente no tramo final, cando enviou un penalti e o seu posterior rexeite ao pau. Aínda así, é un dos tres conxuntos que se manteñen sen coñecer a derrota nesta tempada.
Un deses equipos é o todopoderoso líder PM Friol B, que xa manda en solitario na táboa. As de Santi Vieitez contan todos os seus partidos por vitorias. O cadro friolés impuxo a súa lei na primeira metade, na que se marchou cun 3-0 aos vestiarios. Na reanudación, o Cruces meteuse de cheo no encontro con dous tantos. Non perigou o triunfo. O técnico vigués Vieitez fixo os axustes tácticos necesarios para deixar os puntos na Reigosa.
Ademais, o Monte Forte colleitou a súa primeira derrota. Foi na casa e ante o Touro. As de Perry adiantáronse nunha primeira parte igualada, que rematou en empate. No segundo acto, as monfortinas baixaron a intensidade e non se atoparon cómodas no campo. Recibiron un novo gol e desperdiciaron as dúas boas oportunidades que tiveron para sacar algo positivo desta data.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
Fin de semana aciaga na Primeira
O Lugo regresou de baleiro da súa visita a terras arousanas. O estado do céspede do Estadio da Lomba condicionou o habitual xogo das de Joaquín Blanco. A igualdade reinou nun encontro pouco vistoso, con alternativas no dominio e escasas ocasións. E aí, o acerto do Atlético Arousana marcou as diferenzas. Deixando o Lugo fuxir, de novo, puntos no desconto.
Pola súa parte, o Antas perdeu calquera opción de puntuar na primeira metade. Encaixou un 3-0 no primeiro acto. E de pouco serviu a melloría tralo paso polos vestiarios ante un Tordoia superior, contundente e desequilibrante.
resultados da xornada
Rácing Féminas 4-1 PM Friol
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/10/SANROQUEFEM_IRENE.jpeg)
Atlético Arousana 2-1 CD Lugo
Tordoia 5-0 Antas
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)
Comercial 1-8 Milagrosa
San Lázaro 1-1 Chantada
San Roque 3-1 Carballedo
Monte Forte 1-2 Touro
PM Friol B 5-2 Cruces
O PM Friol non levanta cabeza
O conxunto de Covi é o único do seu grupo da Segunda RFEF que aínda non sabe o que é puntuar na competición. Nesta última data, bastaron os primeiros trinta minutos para tirar todo por terra. O Rácing Féminas selou o seu terceiro triunfo consecutivo con tres tantos na primeira media hora de xogo. O PM Friol tentou maquillar o resultado cun gol antes do descanso, porén as santaderinas marcaron o seu cuarto tanto de xeito inmediato. Na segunda metade, non se volvería mover o marcador. O Rácing conservou a súa vantaxe ante un conxunto lucense que ve como as xornadas pasan e os puntos non chegan.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/11/1x5-CLINICA-PODOLOXIA.jpg)
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/11/AINHOA-PLAZA-5-1.jpg)