#Fútbol afeccionado

Palabra de… Diego Díaz: Por qué existen as pretemporadas?

Por qué existen as pretemporadas? Esa é a pregunta que se fan ducias dos nosos futbolistas cada verán. Non entenden o porqué de semellante tortura física. Eles, amateurs, que veñen de rematar a campaña anterior hai dúas ou tres semanas; seguen sen comprender o porqué deste suplicio estival.

Pretemporada en San Martiño

Pensan que non poden perder toda a forma en quince días. Qué sentido ten empezar de cero? Sesión semanal a 30 grados… Realmente vale a pena isto? Ao fin e ao cabo, iso debería ser para os profesionais. Eles sí deben estar no seu punto óptimo. Cobran millonadas na procura de títulos que se deciden en pequenos detalles. E as festas por Ibiza ou illas sucedáneas, semellan ser realmente duras. Pasan factura.

Quizais os nosos clubes e adestradores o fagan por esta razón. Ninguén se traga que hai que exercitarse cinco días á semana para acoplar aos novos. De novos nada, que levan toda a vida xogando contra eles! Mesmo esbardallan de fútbol xuntos no primeiro bar de turno. A razón ten que estar nas festas. Moito Ibiza e moita historia, pero asegúroche que se traes ao CR ou ao Griezmann a bailar co Combo, non aguantan nin medio pase. Iso sí que son noites duras!

Sen ir máis lonxe, hoxe poderédelo comprobar. Acercádevos ao San Martiño e veredes a pretemporada de verdade. Amigos, no campo contricantes, xogando no mesmo equipo: París-Panorama. Discutindo sobre golazos, tragadas e dos caños que van chupar (cando os decibelios o permiten). Recordando a pifia da tempada ou ao ao mítico ‘mantas’ que segue ao pé do cañón un ano máis. Lito, prepárate! Hoxe vas saber o que é unha pretemporada! O que de verdade é o fútbol lucense!



Palabra de… Diego Díaz: Por qué existen as pretemporadas?

Diario dun mercado. Episodio 40

Palabra de… Diego Díaz: Por qué existen as pretemporadas?

Diario dun mercado. Episodio 41

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *