#Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 318

Os movimentos no fútbol lucense non se deteñen cando xa se aproximan as datas de comezo da competición.

Hoxe traemos moitas renovacións nun Riotorto que este ano adestrará Manolo García, ex do San Roque, axudado por Manuel Méndez ‘Camacho‘ Estarán ás súas ordes Jesús Pablo, Isaac Fernández, Manu Carreira, Manu Roca, Ferreirós, Dani López, Adrián, Pablo Vivero, Isaac Rouco, Michi, Samuel e Coedo. Ademáis, súmanse ao proxecto os xa anunciados Dani Pérez, gardameta procedente do Guntín, Harry, porteiro que chega do Corgo, e os dianteiros Iago Alonso, do San Roque, e Jorge Salvique, inactivo o último curso. Causan baixa no conxunto da Veiga, Edgar, Yoel, Fabián, Iker e Ander.

No Castro seguirá un ano máis o gardameta Josema, que será tamén adestrador de porteiros na base do cadro chairego. No Xove Lago causan baixa David Lado e Pablo Delgado.

O Carballedo fíxose cos servizos de Miguel Polo, procedente do Relámpago Taboada. No Xermade continúan a vindeira campaña Ángel Prieto, Juanxo, Esteban, Mario Benavente, Oli, Xavi, Fran, Antonio Carballeira, Hugo Gegúndez, Iván Carballeira, Brais Blanco, Nahum, Pedro, Chungui, David Rey e Juan Lonut.



O Páramo tamén segue a perfilar o seu novo cadro de xogadores, entres os que estará Antón, procedente do Pol xuvenil, pero que xa tivo protagonismo no primeiro equipo. Xogará tamén nas Rapadas o porteiro Berny, ao que recuperan do fútbol veterán. O Castroverde renovou a Marcos Díaz e a Jacobo López. No Brollón seguirán Samu e Rive.



Diario dun mercado. Episodio 318

Diario dun mercado. Episodio 317

Diario dun mercado. Episodio 318

Diario dun mercado. Episodio 319

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *