Comezamos esta fin de semana de «operación saída» rememorando un dos grandes eventos do noso portal: as II Xornadas Futbolinlugo Burela Bonita, que tiveron lugar en Burela o 1 de novembro de 2021.
Fiz Rodríguez, un dos adestradores de máis renome da Preferente, estivo con nós en Burela para falar das tarefas que se executan no departamento de análise dun equipo semiprofesional. No momento da charla, o técnico da Pastoriza era o segundo adestrador da SD Compostela e xa tiña experiencia como analista no club santiagués. Actualmente, Fiz vén de comezar a súa etapa como preparador do Sigüeiro, filial do Compostela chamado a facer grandes cousas na Preferente Norte.

Fiz abordou o traballo do analista desde a perspectiva do microciclo, isto é, o traballo semanal encargado ao departamento do que él estaba á cabeza na temporada 2020/2021. O lucense, entre outras cousas, explicou cómo chegaba a información sobre os equipos rivais ao resto do corpo técnico e, ademáis, puxo un exemplo práctico: o traballo do seu departamento para afrontar o choque ante o Pontevedra en Pasarón.
A charla serviunos para decatarnos do gran traballo e da gran profesionalidade que hai detrás de cada plan de partido en equipos semiprofesionais. Podedes botarlle un ollo á ponencia completa nesta ligazón:


II Xornadas Burela Bonita: Fiz Rodríguez.
Inmediatamente despois de Fiz, Yago Iglesias, que daquela estaba sen equipo pero viña de ser o 1º adestrador da SD Compostela cando Fiz era o analista, completou a intervención de Fiz con outra magnífica charla… pero non vos facemos máis «espóiler», podedes consultala na nosa canle de YouTube.
