Comezamos este Episodio 300 do noso Diario dun Mercado coa chegada ao Viveiro de Miguel Bereket. O lateral esquerdo, formado na canteira do Sevilla, chega a Cantarrana para facerse un oco no once de Alberto López. Na Sarriana, Julio Camba continuará unha temporada máis.
O Pol renovou a Dani Roca, un dos seus goleadores, mentres que o Santaballés continua anunciando a continuidade da maior parte dos seus futbolistas. Daviz, Soto e Jandro estarán ás ordes de Vitín. O lateral de Castro, Adrián Saavedra, seguirá nas filas do Pastoricense.
Outro que renova é Jorge López ‘Modesto‘, nas filas do Foz. Dous ex do San Roque, Nico Fraga e Iago Alonso xogarán a vindeira campaña no Riotorto. O Chantada Atlético anunciou a renovación do seu gardameta Iván López.
No Cospeito seguirán Jesús, Dani e Xoan. O Páramo recupera para o fútbol ao gardameta Lisboa. Ademáis renova Juan, unha das pezas fundamentais a pasada temporada, e Miguel. Tamén incorporan a Ceide, ex xuvenil da Residencia, que fará a pretempada e dependendo da súa situación académica valorará a súa incorporación definitiva.
O Peluquería Mixta Friol anunciou a renovación de Anabel.