#Feminino #Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal

Diario dun mercado. Episodio 36

Máis cedo que tarde botará a rodar o balón polos campos lucenses, polo que os clubes apuran a confección dos seus planteis. Hoxe comezamos pola Preferente Norte. O CD Lugo «B» renovou a Cuadrado, Dani Renda, Javi Rey e ao adestrador, José Durán. Súmase a doutrina do filial albivermello Denís López, que procede do Arteixo. Tamén o CD Lugo buscou máis aló das fronteiras españolas, e fíxose cos servizos dun holandés, que reforzará o mediocentro. Ademais, o máis posible e que Dinarte Pita, xogador do Albacete «B», abandone aos manchegos e fiche polo CD Lugo «B», onde contará con aspiracións de chegar ao primeiro equipo.

Sen embargo, non todo son fichaxes. Cando todo apuntaba a que o lateral zurdo Pablo Rey sería novo xogador do Racing Villalbés, os chairegos asinaron a Buyo, deixando a Rey como unha das pezas máis codiciadas do mercado tras non renovar co Polvorín (CD Lugo «B»).

Melendo será o novo adestrador do Antas feminino.

Na Primeira Galicia, o CD Foz anunciou o regreso ao Martínez Otero do lateral Rivera, tras xogar na Milagrosa, e Adrián cambiará A Pinguela (Lemos) pola Ribela (Sarriana). E xa na Segunda, comezando polo grupo sur, a SD Becerreá asinou a Garaloces, Marsu e Álvarez, os tres ex-xogadores da Milagrosa, e a Álvaro, formado nas categorías inferiores do clube de Becerreá.

Na Segunda norte chegan novidades desde a SD Ourol, que incorporou a Cortiñas, central experimentado que xogou no Burela a pasada campaña. A última nova que nos deixou este fin de semana ven desde Antas, concretamente desde os seus banquiños. Melendo, con pasado no Polvorín (entre outros), será o adestrador do conxunto feminino.



Diario dun mercado. Episodio 36

Diario dun mercado. Episodio 37

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *