Os Máxicos seguen a dar guerra nunha Primeira Galicia que se achega á súa fine na que os clubes están moi preto de achar os seus obxectivos.
GRUPO ASCENSO:
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/04/Captura-de-Pantalla-2022-04-25-a-las-10.04.44.png)
Burela 0-2 Portomarín: acusou as baixas o Burela ante un Portomarín que se mete de cheo na loita polo ascenso. Houbo unha ocasión para cada un no primeiro tempo, pero tras o paso por vestiarios os miñotos saíron moi enchufados e Fernandito fixo dous tantos en apenas quince minutos que serviron aos visitantes para levar os tres puntos da Marosa.
Riotorto 3-2 Taboada: vibrante choque na Veiga no que o Riotorto se enganchou á pelexa polo ascenso. Os locais foron mellores no primeiro tempo, e aproveitaron as súas ocasións para chegar 2-0 ao descanso. Unha gran reacción visitante permitiu ao Taboada poñerse 2-1 e estar preto do empate, pero Adrián puxo o 3-1 no 70′. Pouco despois os visitantes recurtaron diferenzas de novo, 3-2, e tiveron opcións de empatar, pero finalmente os tres puntos quedaron en Riotorto.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Pol 4-0 SD Chantada: perdoou a SD Chantada no primeiro tempo, pois gozou de varias ocasións que puideron poñer o partido patas arriba, pero chegouse ao descanso co 0-0. Na última media hora de xogo, o Pol demostrou por qué é o actual favorito ao ascenso, pois conseguiu catro tantos (Iván González, Leandro, Herrero e Yago) que deixaron o choque visto para sentenza.
Castro 2-3 Chantada Atlético: o Castro desperdiciou unha oportunidade de ouro para seguir o paso do Pol, pois os do Arturo Pereiro chegaron 2-0 ao descanso, tendo o control do xogo. Porén, dous minutos dourados o Chantada Atlético (do 55′ ao 57′) puxeron o empate no electrónico e, na recta final, os chantadinos completaron unha remontada heroica tras un tanto de Brais.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/04/Captura-de-Pantalla-2022-04-25-a-las-10.06.37.png)
GRUPO DESCENSO 1
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
Pastoricense 0-0 San Lázaro: na primeira parte mandaron os visitantes que, aínda que non xeraron ocasións, tiveron o control do choque. No segundo tempo a tónica cambiou: o Pastoricense deu un paso adiante e puido anotar en dúas ocasións a balón parado e nunha acción a porta baleira. Tamén tiveron opcións na recta final os da Ponte, que non foron efectivos ao contragolpe.
San Roque 0-0 Sporting Pontenova: igualdade na Polvoreira entre dous equipos moi serios. Foi mellor o Sporting na primeira metade, pero segundo pasaban os minutos os locais gañaban terreo e conseguiron dominar o segundo tempo, aínda que ningún conxunto logrou transformar e o barrio de Montirón viviu un novo 0-0.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/04/Captura-de-Pantalla-2022-04-25-a-las-10.09.00.png)
Monterroso 3-1 Folgueiro: paso adiante do Monterroso de cara a salvación grazas, en parte, á boa actuación de Raúl Antas, que no minuto 30′ xa anotara dous goles. Na recta final, os de Cerdeiriños fixeron o 3-0 e o Folgueiro recurtou diferenzas no engadido por medio dun penalti.
GRUPO DESCENSO 2
Alfoz 0-0 Xove Lago: primeira parte descafeinada na que, porén, Trullo foi quen de salvar ao seu equipo cun auténtico paradón. No segundo tempo o Alfoz deu un pase adiante e tivo opcións de anotar, pero o Xove saía moi ben ao contragolpe e metía o medo no corpo dos asistentes ao Municipal. Finalmente, ningún conxunto foi quen de facer un gol para sacar máis de un punto.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)
Outeiro de Rei 3-1 Friol: partido feo no Municipal, no que o Outeiro soubo aproveitar as súas opcións e no minuto 30′ xa mandaba por 2-0. Porén, o Friol non lle perdeu a cara ao partido e, na primeira xogada do segundo tempo, recurtou diferenzas, 2-1. A igualdade foi entón protagonista ata o minuto 80′, cando Pereira sentenciou o choque cun auténtico golazo desde fóra da área, 3-1.
Guntín 1-1 Lourenzá: partido moi igualado e intenso no Ladairo. Foi mellor o Guntín no primeiro tempo, conseguindo facer moito dano por medio de contragolpes e anotando nun deles. Na segunda metade melloraron os visitantes, que fixeron o empate logo dun penalti por mans. O Guntin volcouse na procura da victoria e o Lourenzá ameazaba con contras, pero o electrónico non se moveu.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/04/Captura-de-Pantalla-2022-04-25-a-las-10.10.33.png)