Son un rapaz que nacín nunha aldea do Concello de Vilalba, concretamente en Codesido. Estou moi orgulloso de ser donde nacín.

Nunha das etapas de Goiriz tivemos que ir visitar un equipo que está a bastante distancia de Vilalba. Foi un partido bastante bronco e eu, por sorte ou por desgraza, estou en todos os fregados.
Entón tiven unhas palabras cun xogador rival e empezou a gritar a sua afección: «Está aquí ‘Alfonso de Villalba'». Cada pouco repetíase esa frase entre o público local a parte doutros adxectivos despectivos (que, por certo, no fútbol moitas veces os merezo). Sinceramente en moitas fases do partido sentíame un pouco avergoñado. Raro en min.
A partir dese partido moitas veces no vestiario repítese: «Alfonso de Vilalba». Para darme na cabeza… Eu quero que se me identifique por ser da terra donde eu nacín: de Codesido.


Alfonso Gesto Orosa. Mito do Goiriz en activo. De Codesido