Esta historia vai dunha épica despedida de solteiro santaballesa. En xullo de 2018 casei e decidín invitar a todos os meus compañeiros do Santaballés á voda, xa que eramos (e siguen sendo) como unha familia.
Pois nada, un par de semanas antes, alí se presentaron na miña casa (cun bus) para celebrar a miña despedida de solteiro futbolera, para Gijón de San Fermines. Eu de touro, eles de corredores.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/01/WhatsApp-Image-2022-01-17-at-13.06.09.jpeg)
Pois ben, despois de todo o día pasandoo en grande e ‘correndo’ polas rúas de Gijón, fomos cenar ao local de despedidas. Un local, do que, sobre as 4 da mañá; tivemos que saír obrigados. Resulta que previamente algúns dos corredores saíron voando pola porta para fóra (é dicir, botáronos. Motivos: ningún). Por suposto, o resto tivemos que acompañalos no sentimento como boa familia, todos para fóra…
Pero aí non acabou todo. Acto seguido, intentamos ir os pubs e en todos nos prohibiron a entrada. “Un toro y un grupo de chicos con pañoletas y camisetas blancas que no entren en ningún lado”, era o que se comentaba entre os porteiros.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Noite épica na que incluso algún acabou facendo de policia/porteiro e case arrestado. Outros lograron pasar en algún pub a tomarlle a última (sen pañoleta claro), outros apoiamos dende a rúa.
Coma conclusión futbolera, podemos sacar de este gran día, que foi coma gañar unha liga, aínda que perderamos algún partido entre medias, pois nas derrotas é donde se demostra a forza do grupo!. Esto o teño clarísimo, e agora coma adestrador, aínda máis. E bueno, ata aquí podo contar.
P.D: Na voda portáronse moi ben…aínda que algún aínda debe de andar por alí. (D.S.)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
Moitas grazas a Futbolinlugo por permitirnos a tod@s seguir toda a información da provincia, e por facelo dunha maneira exemplar.
Borja Bouza Martínez. Segundo adestrador do Cabreiros e do Racing Villalbés xuvenil. Exxogador do Santaballés feito un touro