#Primeira Futgal #Fútbol afeccionado

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 10

portada maxicos

A volta dos máxicos da Primeira estivo condicionada pola Covid-19. Un total de cinco partidos correspondentes á decima xornada da fase regular foron adiados por mor de positivos en distintos equipos. Aínda así, houbo cinco partidos que sí se xogaron, facendo resistencia contra o dichoso bicho:

Portomarín 3-1 Chantada Atlético: a igualdade foi a protagonista no Chao da Poza. Os locais adiantáronse por medio de Mario e Fernandito ampliou diferenzas ante un Chantada Atlético que pagou caro a súa falta de efectividade nos primeiros 45′. Tras o descanso, o Atlético anotou o 2-1 pero, na seguinte xogada, os miñotos fixeron un 3-1 que se converteria en definitivo pese aos intentos visitantes de recurtar diferenzas de novo.

Xove Lago 1-0 Alfoz: partido moi pechado e igualado o que se viviu no Municipal de Xove. Os locais mandaron ao comezo e os visitantes melloraron no final do primeiro tempo. Na segunda metade, o xogo foi moito máis directo e unha gran acción individual de Carlos decantou o resultado a prol do Xove Lago, aínda que o Alfoz se voltou e a piques estivo de acadar o empate.

Outeiro de Rei 1-2 Monterroso: un Outeiro superior conseguiu adiantarse nos primeiros vinte minutos logo de controlar todo o xogo ata ese minuto. A partires de aí, o Monterroso subiu as súas liñas e, despois de dous roubos no medio do campo, remontou o resultado en poucos minutos, 1-2. No segundo tempo, os visitantes apretaron os dentes en defensa, mentres que os locais buscaron espazos para atacar, pero non os atoparon. Finalmente, tres puntos para un Monterroso que asinou a súa cuarta victoria consecutiva.



Riotorto 3-2 Folgueiro: choque vibrante na Veiga no que ningún dos dous equipos foi quen de mostrar a súa mellor versión. O Riotorto desaproveitou as súas opcións no primeiro tempo, pero no segundo conseguiron poñerse 2-0. A partires de aí mellorou o Folgueiro, que recurtou diferenzas cun penalti e logrou o empate a 2 no 85′. Co 2-2, os locais arriscaron e conseguiron o 3-2 definitivo no minuto 93′.

San Roque 0-0 Friol: partido con pouco ritmo na Polvoreira que se saldou co resultado gafas.Moitos xogadores locais viñan de pasar a Covid nas últimas datas e iso traduciuse en pouco fútbol e poucas pernas. O Friol, pola súa nada, estivo a piques de levarse os tres puntos na recta final, na que o gardamallas Roi se erixiu como o heroe do duelo ao salvar dúas ocasións claras dos visitantes.

Adiados: Guntín – San Lázaro; SD Chantada – Taboada; Castro – Burela; Lourenzá – Pastoricense; Sporting Pontenova – Pol.



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *