N grupo B da Primeira Autonómica lucense un encontro resalta por enriba dos demáis. O domingo ás 17 horas no Municipal enfrontaranse o Pol e o Castro nun choque entre os dous conxuntos invictos da categoría. Arbitrará o colexiado Ángel Pérez Rodríguez.
O conxunto local é segundo na clasificación con dous puntos menos que o seu rival nesta xornada. Soamente Riotorto e Folgueiro foron quen de sumar contra o conxunto adestrado por Manuel Mourelos. E é que os de Mosteiro son a ollos de todos os grandes favoritos a acadar o ascenso a Preferente. Cun cadro de xogadores que mistura unha insultante xuventude, moitos deles con pasado no xuvenil do C.D. Lugo e veteráns curtidos en mil batallas como Pablo Ruíz, Javi Pita, Iván González ou Leandro, entre outros, o Pol xa comezou a temporada amosando os motivos do seu cartel de candidato.
Os da Ribeiras do Lea afrontan o encontro desde o máis alto da clasificación. Despois do empate da xornada inagural na Marosa diante do Burela, os de Xoan Peón encadean seis vitorias consecutivas que os auparon ao liderado do grupo. Ademáis desde aquel encontro do 17 de outro en terras mariñáns, ninguén foi quen de perforar a portería do Castro. O bo facer desde as categorías de base do cadro chairego fixo que unha boa parte dos xogadores da actual plantilla sexan formados no propio club, que xunto ás novas fichaxes fixeron un grupo que, ao igual que o Pol, é máximo candidato ao ascenso.
O último enfrontamento entre os dous conxuntos no Municipal tivo lugar o 6 de outubro de 2019, e rematou con triunfo do Castro por cero goles a un. O autor do único gol do encontro foi Yelco, actualmente nas filas do Guntín.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
![Luca´s Grill](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2021/11/logolucasgrill2.png)
que opinan os protagonistas?
JAVI PITA (SD POL)
- Encontro entre invictos. «Que sexamos os únicos invictos sen dúbido quere decir que os dous facemos moitas cousas ben no transcurso dos nosos partidos. Este encontro afrontámolo como un máis, xa que, neste sistema cada partido pode ser diferencial. Evidentemente sabemos que a día de hoxe por como está a clasificación é un partido un pouco máis importante. Un derbi, rivais directos….»
- A clave. «Encaixamos poucos goles, co cal será importante para calquera dos dous non recibir gol. Nós trataremos de levar a cabo o noso plan de partido e creo que será bonito de xogar e tamén de ver polo que propoñemos os dous. Tamén axudará o magnífico campo no que xogamos».
- A condición de favorito. «Non tiramos balóns fóra co cartel de favoritos para o ascenso, pero tampouco somos os únicos. A día de hoxe o traballo nos adestramentos e os resultados nos partidos din que estamos nas quinielas, pero todos somos realistas e sabemos que ser favoritos non garantiza nada, e menos neste sistema de competición tan reducido e no que só pode alcanzar o ascenso un equipo. Dentro do vestiario poñemos a vista sempre semana a semana e non máis alá. Xuntamos un gran grupo humano e de xogadores con ambición e ganas de demostrar cousas e trataremos de facelo».
DUMI (CD CASTRO)
- A tecla do bo rendimento. «A verdade é que levo moitos anos xogando e sempre que estiven nun equipo no que se pelexa por rematar na zona alta tiven a mesma sensación: un grupo moi comprometido no que adestramos entre vintecinco e trinta persoas, contando o filial, tres días á semana, e o bo rollo que hai dentro do club. E claro está que é fundamental o gran nivel de futbolistas que temos».
- O encontro co Pol. «Penso que será un encontro moi atractivo de ver. Os dous chegamos nunha moi boa dinámica, ambos queremos o balón e o bo estado do céspede será un aliado. Debemos ter coidado sobre todo coa súa liña ofensiva, teñen moito gol e desborde por banda, ademáis de contar con varios xogadores contrastados en categorías superiores, como Iván González, ao que disfrutei como compañeiro varias temporadas».
- A pelexa polos primeiros postos. «Creo que pode haber máis equipos que os que estamos agora, como o Burela ou incluso Alfoz ou Pontenova. Nunha liga tan curta como esta tres encontros bos ou malos consiguen que troques de obxectivo deseguido».
![Moreno´s Pizza](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2021/11/logomorenospizza.png)
a axenda
PRIMEIRA NACIONAL FEMININA
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
- Peluquería Mixta Friol – Oviedo B (Domingo ás 12:30 horas na Reigosa): o cadro local afronta un difícil compromiso no que poñen en xogo o liderato diante dun conxunto astur que pelexa por meterse na zona alta.
PREFERENTE
- Santaballés – Escairón (Domingo ás 16 horas na Liga): derbi provincial con tres puntos vitais en xogo para os dous equipos, na súa pelexa por sumar para saír da zona baixa da clasificación.
- Foz – Montañeros (Domingo ás 16 horas no Martínez Otero): os mariñáns reciben ao segundo clasificado, nun encontro de máxima dificultade para os de Jesús Gayol, que non quere deixar pasar a oportunidade de acadar a súa primeira vitoria na nova etapa no banquiño focense.
PRIMEIRA AUTONÓMICA
- San Lázaro – Chantada Atlético (Domingo ás 16 horas no Rodríguez Lago 1): os de Diego Rey, que suman tres xornadas sen perder, buscan sumar tres puntos para achegarse á zona de promoción de ascenso diante dun conxunto chantadino que vén de perder o seu primeiro encontro da temporada.
- Riotorto – Sporting Pontenova (Domingo ás 18 horas na Veiga): dous dos candidatos a achegarse con perigo a Castro e Pol. Un encontro de rivalidade no que os visitantes tentarán apretar a clasificación.
SEGUNDA AUTONÓMICA
- Meira – Fonsagrada (Domingo ás 16 horas na Lomba): os de Labrada buscarán darlle continuidade ao gran comezo ligueiro que os situou no máis alto da clasificación. Enfronte un Fonsagrada que baixa enteiros lonxe do Gómez Besteiro.
TERCEIRA AUTONÓMICA
- Celeiro – Nuevo Nausti (Sábado ás 16:30 horas en Trasvías): dous conxuntos que ata o momento non puntuaron. Tres puntos que poden trocar o devir do campionato para o que resulte vitorioso.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)