#Anecdotario #Fútbol afeccionado #Primeira Futgal

O anecdotario: «Un disfrace moi real», por Marino

Xornada de Entroido. Cambiamos o partido co Polvorín para o sábado, no seu campo. Deixando os disfraces preparados para saír de noite despois do encontro. Ao pouco de empezar o partido, tiven a mala sorte de vivir un choque frontal cun defensa nun balón aéreo. Creándose a consecuente brecha entre os ollos. E o citado defensa na súa cella. Sacáronnos para fóra e non nos querían volver deixar entrar.

Eu emperreime en volver ao terreo de xogo. Tirita, vendaxe na cabeza e a funcionar. Cambiei a vendaxe cada pouco polo tema do sangue e pouco máis.

Marino, na súa etapa no Páramo

Rematou o partido. Fomos á Virxe dos Ollos Grandes para que me coseran. Tres puntiños para ser exactos, xusto os que non conseguimos no xogo. Unha vez cosido, tocaba ir para a casa a cambiarme.

Ese ano disfrazábame de toureiro. E todo o mundo encomiando o meu atrezo. A algún conteille a verdade. A outros, pensaba para min: «Se tu souperas que son un toureiro lesionado…». E así foi unha das dúas veces que abrín unha cella. A outra fora celebrando un gol con Carlitos na Laracha, pero iso xa é outra historia!



Luca´s Grill

Ramiro Valcárcel Vázquez ‘Marino’. Caéndoselle os goles desde o 1979, dianteiro do Riotorto

O anecdotario: «Un disfrace moi real», por Marino

O Partido Fisioterapia Ronda . . .

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *