#Feminino #Fútbol afeccionado

Golpe sobre a mesa do PM Friol A e só unha derrota na Segunda

O PM Friol afianzouse no liderado da Primeira Nacional grazas aos tres puntos conseguidos no campo dun rival directo, o Sárdoma (2-3). O encontro foi moi intenso, unha delicia para o espectador. As de Covi adiantáronse nada máis comezar e fixeron unha primeira media hora moi destacable, perdoando o segundo gol. No tramo final da primeira parte mandou o Sárdoma, sen sorte algunha.

A segunda metade resultou bastante máis igualada. As locais igualaron por dúas veces as mínimas vantaxes do PM Friol. Ambos conxuntos buscaron o triunfo, que caeu do lado lugués no minuto 88. Alicia Martínez apareceu nun rexeite dun córner para asinar a vitoria e o seu doblete particular.

Táboas no derbi e dura derrota para o PM Friol B

  • CD Lugo 1-1 Antas
  • PM Friol B 0-5 Bergantiños

Duelo de estilos que rematou cun empate no derbi lucense. O CD Lugo dispuxo da posesión e a meirande parte das ocasións do encontro. As de Joaquín adiantáronse antes dos vinte minutos de xogo cun tanto de Fany Varela. E non conseguiron ver porta máis. O ímpeto das rapazas de Jesús Melendo propiciou o empate xusto antes do descanso. Na segunda metade, quedamos sen goles. Os erros locais nos últimos metros e o soberbio exercicio defensivo do Antas explican este resultado. Ademais, o PM Friol B viviu unha tarde para olvidar na Reigosa. O Bergantiños mostrouse superior en todo momento e non deu opción algunha ás pupilas de Diego Vivero.

As goleadas como tónica habitual na Segunda

  • Bandeira 1-2 Carballedo
  • Santiso 9-0 San Roque
  • Comercial 6-2 Touro
  • Chantada 4-0 EF Lalín
  • Monte Forte 11-0 Cruces

Unha semana máis a Segunda Galicia deixou sonoras goleadas en boa parte dos seus encontros. E salvo unha, todas con bo sabor para os nosos equipos. A única derrota lucense da xornada foi para o San Roque. As rapazas de Quiroga fixeron unha primeira parte para olvidar. Cando quixeron solucionar a papeleta na reanudación, xa era demasiado tarde. Todo o peixe estaba vendido. Iso si, a súa imaxe mellorou considerablemente despois do paso por vestiarios.



Sara Mougán, unha das trigoleadoras do Monte Forte

Pola súa banda, o Monte Forte desfíxose do Cruces con goles e bo xogo colectivo. Henar e Sara Mougán asinaron sendos hat tricks. A Comercial tampouco tivo problemas para superar con claridade ao Touro. As visitantes só foron capaces de ver porta en dous erros defensivos lucenses á volta do descanso. Salma fixo tres goles e Jenny, un dobrete.

Ademais, o Chantada goleou ao EF Lalín nun partido máis competido do que pode indicar o marcador. A igualdade marcou a primeira hora de partido, na que o Chantada levou o peso do xogo e desperdiciou algunha que outra boa oportunidade. O duelo resolveuse tras un claro penalti a vinte minutos do final. A sentenza chegou co 2-0 no minuto 88. E dous tantos máis en tempo de desconto. Iria asinou un dobrete pero Noela e Tania Gómez tiveron un papel tan destacable ou máis que a bigoleadora.

Por último, o Carballedo superou pola mínima e a domicilio ao Bandeira. As de Iban Crespo dominaron a primeira metade e adiantáronse no marcador cun tanto de María Varela. No entanto, recibiron un duro castigo a pouco do descanso. Foi en forma de gol do Bandeira. Tralo paso por vestiarios, o duelo igualouse pero o Carballedo meteu unha das súas escasas ocasións para rascar este triunfo fóra da casa.



Golpe sobre a mesa do PM Friol A e só unha derrota na Segunda

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 7

Golpe sobre a mesa do PM Friol A e só unha derrota na Segunda

O Muimenta e o Iberia levaron os

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *