Xa pasaron catro ou cinco anos deste momento. Era o meu segundo ano en Lugo. Máis ou menos nestas datas, as do meu cumpreanos, 17 de novembro. Cumpría a segunda temporada xogando no Ribadeo e non coñecía a moita xente, a verdade.
Decidín facer unha cea con algúns do equipo. E díxenlles aos Juanma, Tichu, Lucky… que invitaran e puxeran a máis xente no grupo de Whatsapp. Que cantos máis, mellor.
O día do meu cumpreanos apareceu xente coa que non cruzara palabra algunha na miña vida. De enfrentarnos xogando e pouco máis. Reservamos nun bar no que traballaba Parapar, o porteiro da Sarriana e por aquelas do Ribadeo. Era para que el estivese. Acórdome que antes de saír para o centro de festa, fixemos bote. Na barra do bar había billetes de 50 euros para saír varias noites. E non nos chegaron ás seis da mañá…
Ao saír do bar decidimos ir para o centro, e fomos ao Gandul. Cando chegamos alí eramos 15 ou 20 e puxémonos por onde a entrada. Deixando o paso xusto para os que entraban de fóra. Nunha desas, en medio de espectáculos nosos varios, entraron pola porta dous xogadores do Lugo. Daquelas estaban sempre de festa pola noite.
Cruzáronse comigo. A un deles coñecíao. E tiña falado con el. Saludeino e miroume como se fóra máis ca min ou que todos os que ali estabamos. E dadas as circunstancias, alguén animoume a facerlle unha arrastrada por detrás. Non recordo quen foi.
Pero poñédevos en situación. Alí no medio do Gandul e eu correndo e facéndolle unha ‘sachadísima’ por detrás ao tío ese que… Tiven tan mala sorte, que ao levantarme do chan… Estaba Fernandito (adestrador do Portomarín) cunha copa na man mexándose da risa. E partiume a copa na cabeza! Sangrei un pouco pero nada que non arranxase un pouco de ron Barceló pola cabeza adiante. E seguimos cunha noite para recordar!
Martín Traba Durán. Centrocampista ‘bregador’ día e noite. Xogador do As Pontes