#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

Edu Rodríguez non se esconde ante o favoritismo da Sarriana para estar na zona alta

A segunda xornada da Preferente volveu deixar resultados dispares e dous duelos provinciais. Sobresaíu o da Pinguela pola proximidade entre Monforte e Sarria e pola presenza esta temporada do ex adestrador do Lemos, Edu Rodríguez no banco da SD Sarriana. A vitoria foi visitante por un traballado 0-2.

Este martes, no Ser Deportivos Lugo, a presentadora do programa, Sara Meijide, e o redactor de Futbolinlugo, Diego Díaz conversaron co adestrador Edu Rodríguez despois do seu regreso a que foi a súa casa nos últimos catro anos.

Pódese escoitar o audio da entrevista no SER Deportivos Lugo no seguinte enlace: Entrevista Edu Rodríguez (28-09-2021).

O técnico valorou positivamente os tres puntos conseguidos aínda que recoñeceu que «o rival foi moi incómodo. Non fixemos o partido que queríamos facer«, apunta Edu.



«A nivel de xogo houbo fases do encontro onde non estivemos todo cómodos que queríamos estar. Aínda sí creo que controlamos o partido. Conseguimos un resultado moi importante a pesar de xogar uns vinte minutos cun xogador menos. O equipo a nivel defensivo estivo moi ben. É esa foi unha das claves», salienta o técnico.

Logo de catro anos construíndo un novo proxecto no Lemos, Edu Rodríguez fichou esta tempada polo ambicioso proxecto da Sarriana. Volveu a Pinguela en competición oficial e amosouse «moi contento» e «ao mesmo tempo foi emotivo poder voltar«. «A nivel persoal e deportivo estiven moi cómodo en Monforte«, comenta.

A Sarriana comezou con dúas vitorias importantes a campaña. Unha situación que permite mirar con optimismo o futuro logo dalgún dos resultados dos amigables. «Creo que nunca tivemos dúbidas«, matiza Edu, pero «si é certo que o último partido de pretemporada non foi bo ante o Barbadás. Pero serve para iso, axustar certas cousas. Levamos unha idea nova ao club e aos xogadores; todo necesita o seu tempo», explica.



O proxecto deportivo da Sarriana apunta a loitar polas primeiras posicións no grupo norte da Preferente. «Nós non nos vamos a esconder. Son consciente do que teño e creo moito no meu equipo», destaca Edu. O adestrador atreveuse a dar nomes dalgún dos equipos que poderían encabezar a clasificación: «Betanzos, Montañeros, Arteixo ou Boiro. Catro ou cinco equipos poderían estar loitando con nós por estar na zona alta da competición», argumentou.

Foto de portada: Mariluz Fagín

Edu Rodríguez non se esconde ante o favoritismo da Sarriana para estar na zona alta

Diario dun mercado. Episodio 258

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *