É fin de semana, pero os movimentos no noso fútbol non paran.
A Sarriana renovou a Iván Parapar, que xunto a Javi Liz serán os encargados de defender a portería da Ribela. Tamén renovou no conxunto que adestrará Edu Rodríguez, o xuvenil Raúl. A Residencia fichou a Borja Rasilla, un vello coñecido da Cheda que xogou os últimos dous anos no Páramo e no Pol. O dianteiro arxentino Toto xogará no Atlético Escairón, a onde chega procedente do Lemos, tal e como adiantou La Voz de Galicia, Edición Lemos.
Precisamente o Pol reforzouse co goleador Dani Roca, que chega procedente do Riotorto e que acadou moi boas cifras goleadoras nas filas do Friol, e co xove Adrián Rivas, xogador zurdo que militaba no xuvenil División de Honra do C.D. Lugo. O Riotorto apuntala a súa zaga coa incorporación do veterán Jesús Pablo, que regresa á Veiga logo de dúas temporadas nas filas do Foz.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Un conxunto que segue moi activo no mercado é o Castro. Os chairego reforzáronse con Fer e Mateo, ámbolos dous procedentes do Páramo. O Burela anunciou que Flavio Madaleno formará parte do primeiro equipo unha vez rematada a súa etapa de formación.
O Palas renovou a Sanci, que seguirá unha temporada máis como un dos capitáns. O Sporting Pontenova fíxose cos servizos do gardameta Óscar, formado nas categorías inferiores do Racing Vilalbés e que disputou o último tramo de temporada co Ribadeo.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)