#Fútbol afeccionado

Pedro Delgado estréase como goleador esta temporada

Foto de portada: Facebook CSD Arzúa – Antía Vázquez

As semifinais do play off de acceso á Segunda RFEF por fin están conformadas. O Arousa e o Estradense xogarán na Lomba, mentres que o Polvorín e o Somozas farano no Anxo Carro. Os dous equipos que gañen pasarán á final decisiva. Pola outra banda, os #LucensesNaTerceiraGalega seguen sumando boas noticias se falamos da salvación.

Acceso á Segunda RFEF:



O Somozas venceu este mércores no Manuel Candocia ao Choco na elimiantoria de cuartos de final que estaba pendente de desputarse. O conxunto local derrotou pola mínima ao cadro choqueiro. Marcos Álvarez marcou dun xeito elegante o tanto do colectivo verde e branco.

Non tivo minutos no partido o viveirense Aldán Naval. No Choco foi da partida Alberto Suárez. O mediocentro xogou todo o encontro.

O sábado ás 21h na Lomba, o Arousa de Ross e o Estradense buscarán o pase á final.



O domingo ás 17h no Anxo Carro, o Polvorín e o Somozas farán o propio sabendo xa quen sería o seu posible rival polo acceso á Segunda RFEF.

O Polvorín xogará no Anxo Carro como xa fixo na recta final da fase regular

Grupo permanencia:

Logo de conseguir a salvación a xornada anterior, Julio Delgado presentouse en Cantarrana co Ourense CF. O empate a tres goles permitiu ao Viveiro confirmar tamén a súa permanencia en Terceira. Un fito importante, sobre todo, para varios dos xogadores da provincia do cadro celeste. Para moitos deles esta era a súa primeira temporada na categoría.

Trece xogadores de Lugo formaron parte do encontro que significou a salvación. Javi Rey, Xaime e Tichu foron os goleadores do partido. Tiveron que sempre empatar os goles do Ourense CF que conseguiu poñerse tres veces por diante. Julio Delgado xogou 78 minutos.

Tres equipos xogaranse a salvación nas últimas dúas xornadas. Salvaranse dous. O Arzúa conta cunha vantaxe de catro puntos sobre o descenso (marcado pola UD Ourense) logo da súa vitoria clave ante o Ribadumia. Derrotou por tres goles a un ao cadro preparado por Luis Carro. O gol da tranquilidade foi da autoría do chantadino Pedro Delgado. No último tramo de partido recibiu un balón de costas fóra da área. Conseguiu librarse do seu par para disparar na frontal á esquerda do gardamallas rival. Foi o seu primeiro gol deste curso, aínda que xa viu portería na categoría outras campañas.


O tanto permitiulle afrontar con máis calma os últimos minutos ao ‘Queixo Mecánico’. O propio Pedro xogou todo o encontro. E tamén tivo minutos Brais Prieto que entrou no segundo tempo.

Pola súa banda, o As Pontes trata de rematar a tempada coa mellor cara posible. Sumou un punto no Poboado ante o Pontellas. Volveu á titularidade Brais Vázquez que sumou o seu noveno encontro xogado na categoría.

Pedro Delgado estréase como goleador esta temporada

As nosas guerreiras da fin de semana!

Pedro Delgado estréase como goleador esta temporada

O partido Fisioterapia Ronda . . .

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *