Foto: Futgal
A Terceira División repártese entre os equipos que xa cumpriron os obxectivos, os que remataron a tempada sen poder celebrar, os que están pendentes de xogar para optar á Segunda RFEF, os que seguen insistindo na súa salvación e os que xa non teñen opcións de permanencia. Unha categoría de contrastes á que a covid afectou de novo na última xornada dos primeiros clasificados. Entre eles os #LucensesNaTerceiraGalega.
Grupo ascenso:
Os partidos que van decidir as posicións no grupo de ascenso xogaranse a vindeira fin de semana: Alondras – Polvorín e Arousa – Somozas. O Polvorín ou o Arousa de Ross ocuparán a 3ª e a 4ª posición. Pasarán exentos na primeira eliminatoria do play off. O Somozas de Aldán Naval e o Alondras serán 5º ou 6º. O que quede 5º xogará contra o Choco de Alberto Suárez na primeira rolda. E o 6º enfrontarase ao Estradense. Os partidos do play off serán no campo do mellor clasificado e a un partido. En caso de empate haberá prórroga, pero non penaltis. Pasa o mellor clasificado. Dos seis equipos, un accederá á Segunda RFEF.


Quen si puideron xogar foron os dous equipos que xa teñen a súa praza na 2ª RFEF. O Arenteiro e o Bergantiños xogaron unha especie de final polo campionato. O cadro do Carballiño venceu pola mínima e quedou como campión desta diferente temporada da Terceira Galega. Isto tradúcese en que o vilalbés Víctor Eimil campeonou co seu equipo. O carrileiro realizou unha gran tempada. Os goles marcados e os minutos xogados, acredítano.
Neste último partido do Bergan volveu ser da partida Iago López. O central monfortino xogou todo o encontro demostrando unha vez máis a confianza posta nel por Lemos. Iago xogou sempre que estivo dispoñible, agás un tramo da primeira volta na primeira fase por lesión.
Grupo play off ascenso:
O Choco mantense en competición e pelexará polo acceso á Segunda RFEF. No último encontro da segunda fase conseguiu unha vitoria contundente ao Silva. Un dos goles ademais foi marcado por Alberto Suárez. Xusto antes de que fose trocado no terreo de xogo. No cadro silvista non foi da partida Xusto por lesión. O encontro de Redondela contou con trío arbitral da provincia. David Pereira Ferreiro dirixiu o encontro e estivo asistido nas bandas por Alberto Blanco Méndez e Adrián Fernández Calvín.
A temporada rematou para o Racing Villalbés do xeito máis cruel posible. A falta de tres minutos para chegar ao minuto 90 na Estrada perdeu as opcións de meterse no play off. Un partido no que na primeira metade tivo que ser trocado por lesión Santi Gegunde. Dez xogadores da provincia formaron parte do partido coa entrada no segundo tempo de Moreda.
Grupo permanencia:
No grupo da permanencia quedan seis partidos para o final. O Ourense CF e o Viveiro mandan na clasificación. Contan con seis puntos de marAs Pontes xe sobre o descenso. O cadro ourensán venceu na anterior xornada ao Paiosaco. Julio Delgado entrou no último cuarto de hora do partido.
Catorce xogadores da provincia participaron na importante vitoria que o Viveiro conseguiu ante o Pontellas. O cadro celeste tivo que empatar dúas veces o resultado, pero conseguiu gañar. Xaime, Agus e Asier foron os goleadores.
A terceira posición do grupo está ocupada polo Arzúa. Conta con dous puntos de marxe sobre o descenso. O colectivo arzúan conseguiu un punto na súa visita ao Barco. Pedro Delgado xogou titular e Brais Prieto entrou no segundo tempo.
Brais Vázquez foi suplente na derrota do As Pontes pola mínima no Couto ante a UD Ourense. Pero si houbo representación da provincia sobre o céspede. O encontro estivo arbitrado por Jorge Méndez López e asistido nas bandas Adrián López Bermúdez e Jesús Adán Gallego.