#Feminino #Fútbol afeccionado

As nosas guerreiras da fin de semana!

Semana dura no fútbol feminino. Pese á disparidade nos resultados, o equipo estandarte da provincia, o PM Friol, volveu caer, o que supuxo un golpe moi duro de cara á permanencia no Reto Iberdrola. Aínda así, velaquí o noso cotián repaso á xornada futbolística.

Comezando polo peor, o PM Friol caeu na casa do Seagull de Badalona (5-0). As lucenses competiron durante a primeira media hora de xogo, pero tras dous erros defensivos as catalás puxéronse 2-0 e as nosas futbolistas baixaron os brazos. O Seagull demostrou por qué é o líder do grupo e arrasou na segunda metade.

A outra cara da moeda, unha vez máis, tivo lugar na Primeira Galicia. Por unha parte, veu dada polo PM Friol «B», que superou por 9-2 á SD O Val de Narón. No minuto 8, as da Reigosa xa mandaban por 2-0, e neste caso foi o rival o que baixou os brazos e que sufriu moito a balón parado e coas chegadas desde segunda liña das friolenses. O CD Lugo tamén venceu, neste caso ao Betanzos (2-3), tras remontar o 2-0 que imperaba no electrónico a falta de 25 minutos. Aínda así, o resultado non reflicte o que foi o encontro. As albivermellas erraron moitas ocasións, algo que desembocou en precipitación e nervios. As locais, con pouco, foron quen de adiantarse e, a partires de aí, o fútbol fixo xustiza e os tres puntos foron para Lugo.



No grupo B, a SD Antas empatou no campo do EFM Concello de Boiro (1-1). As celestes foron mellores durante os noventa minutos, pero as locais conseguiron adiantarse no minuto 81, despois de que as de Antas de Ulla perdoasen un sinfín de ocasións. Finalmente, Nuria igualou a contenda no 88′, asinando un empate que garante ás de Melendo o terceiro posto e a súa participación na segunda fase.

Na Segunda Galicia, a SG Comercial caeu por 8-0 na casa da EFF Rosalía, clube moi superior a todas as súas rivais. O resultado foi o de menos nun choque ao que as lucenses chegaban tras dúas semanas paradas por mor da Covid-19 e con tan só 11 xogadoras dispoñibles. Ademáis, minutos antes do descanso, a lucense Xiana caía desplomada no terreo de xogo por un baixón de azúcar. Afortunadamente, todo quedou nun susto e o resto do partido transcorreu con relativa normalidade. A SCD Milagrosa superou por 2-0 ás EF Lalín cun dobrete de Ainara e a ACD Monte Forte descansou esta semana.



O MELLOR

Os últimos 25 minutos do CD Lugo foron os mellores da temporada, culminados cun gol de Esther, que voltou aos campos logo dun mes lesionada. Ademáis, a SD Antas certificou a súa presencia na segunda fase.

O PEOR

O desvanecemento de Xiana despertou todas as alarmas, pero a rápida actuación dun siareiro da EFF Rosalía contribuiu a que todo quedase nun susto.

DESTACADAS



PM Friol: Non comunica.

PM Friol «B»: Non comunica.

CD Lugo: Non comunica.

SD Antas: Nuria igualou a contenda cun golazo de falta directa.

SG Comercial: Todas asinaron un partido, sendo o máis importante a recuperación de Xiana.

SCD Milagrosa: Ainara.

As nosas guerreiras da fin de semana!

O Foz recupera o sorriso na xornada

As nosas guerreiras da fin de semana!

Eimil campión da Terceira; o Polvorín, Ross

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *