#Anecdotario #Fútbol afeccionado #Fútbol Base #Segunda Futgal

O anecdotario: «Medo a sacar de banda», por Chiqui

Aínda que podería contar varias anécdotas, sobre todo de adestramentos, xa que sempre tiven a sorte de compartir equipo con xente que da pé a ser recordada por historias graciosas; decidinme por unha que me pasou a min fai xa varios anos. E que, aínda que agora pode parecer graciosa de recordar. no momento non o foi tanto. Polo menos para min.

A historia en concreto sucedeu cando era cadete. Xogando na Residencia, tiñamos partido no campo do Conxo de Santiago de Liga Galega. Como ben sabedes os que xogastes alí, había dous campos: un de terra, que era onde habitualmente xogábamos; e outro de herba natural, que estaba máis pegado á entrada e no que xusto a un lado hai un hospital psiquiátrico. Detalle que aparentemente non debería ter maior importancia e que eu descoñecía ata ese partido.

Pois ese día en concreto, xogamos no campo de herba e o partido transcorría con bastante normalidade. Eu estaba xogando como lateral dereito e, nunha xogada do partido, dispoñíame a sacar de banda… Ata que notei por detrás que algo impactaba co balón cando xa o tiña agarrado para realizar o saque.



Eu rapidamente mirei cara atrás e vin a un señor maior cun paraugas na man apuntándome. Que me miraba con cara de enfadado (pensaba que era polo resultado ou algo así). E a unha muller, que claramente era unha enfermeira, tirando do home para que non entrase ó campo. Eu atopábame entre perplexo e, teño que dicilo, tamén algo asustado pola escena. Cando me din a volta para ver que me indicaba o árbitro (ó que non se lle vía demasiado preocupado) vin a algún dos meus compañeiros mortos coa risa. Porque algún deles si se dera conta do que estaba a acontecer.

Nos seguintes saques de banda que realicei nese partido tiven bastante coidado á hora de dar as costas á xente de fóra. E ao final do partido, algún membro do Conxo ademais da enfermeira que se quedou por alí, explicáronme amablemente a situación. A partir de ese partido intentei mellorar o meu ‘dribbling’ para que se tiña que volver xogar alí que fose como extremo, pero eu de banda non volvía a sacar.

José Martín Longarela Docando ‘Chiqui’. Capitán da Residencia, corredor habitual da banda da Cheda



O anecdotario: «Medo a sacar de banda», por Chiqui

A Axenda: o Racing xoga dous partidos

O anecdotario: «Medo a sacar de banda», por Chiqui

O Viveiro camiña con paso firme cara

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *