#Feminino

As nosas guerreiras da fin de semana

Voltaron as ligas autonómicas de fútbol feminino. Despois de 13 meses sen falar de clubes que non fosen o PM Friol, as autoridades autorizaron o retorno da Primeira Galicia. Nela, a provincia conta con 3 representantes: PM Friol «B», CD Lugo e SD Antas. A priori, esta sección ía estar moi completa esta semana, pero o destino, caprichoso coma sempre, quixo que nin PM Friol nin o seu filial puidesen xogar por mor da Covid-19.

Por tanto, os únicos conxuntos que competiron foron CD Lugo e SD Antas. As albivermellas debutaron na categoría cunha contundente victoria sobre a SD O Val (1-3), polo que semella que as futbolistas aínda están afeitas a gañar tras un ano de parón. Porén, conseguir os tres puntos non foi sinxelo. Esther adiantou ao CD Lugo na primeira metade, pero non foi ata o minuto 70, cando anotou Irene, que as lucenses conseguiron certa vantaxe. Aínda así, as de Narón foron quen de anotar o 1-2, que puxo contra as cordas ás nosas guerreiras. Irene, de novo, logrou o gol da tranquilidade no 87′.

A SD Antas tamén xogou fóra da casa. Neste caso, no Municipal de Santa Isabel ante o Victoria FC «B», un campo de grandes dimensións que perxudicou ás do Castro Seoane ante unhas rivais más rodadas. O resultado final foi de 4-1, nun choque no que as locais apenas deron opcións ás lucenses, pois aos 15 minutos xa mandaban por 2-0 e, ao término da primeira metade, por 3-0. Nuria Louzao fixo o gol da honra da SD Antas minutos antes de que as santiaguesas anotasen o definitivo 4-1.



Agardamos que a vindeira semana poidamos falar dos partidos de todos os equipos da provincia!

As nosas guerreiras da fin de semana

O partido en imaxes: Residencia-Santaballés (3-1)

As nosas guerreiras da fin de semana

Así afrontan os Lucenses na Terceira a

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *