Así afrontan os Lucenses na Terceira a 2ª fase

Foto de portada: CD Arenteiro

O pasado domingo viviuse unha intensa xornada na Terceira Galega. Varios dos #LucensesNaTerceiraGalega puideron cumprir os primeiros obxectivos marcados ao principio de curso. Pero isto continúa e aínda queda moito en xogo:

Grupo ascenso:

Ademais do Polvorín, haberá catro xogadores lucenses que xoguen no grupo do ascenso. O Alondras é o único dos seis clubs que non conta con presenza de futbolistas da provincia.

O Bergantiños de Iago López lidera esta clasificación cun punto de marxe sobre o Arenteiro. O central monfortino é un dos fixos nos once de Lemos cando está en plena forma. Na última xornada da 1ª fase tamén xogou no Manolo Candocia ante o Somozas. Completou o seu décimo quinto partido xogado no que vai de campaña.

O Arenteiro de Víctor Eimil está no segundo posto. A outra das prazas que dá opción ao ascenso directo a Segunda da RFEF. Eimil chega en plena forma a este tramo da tempada. O domingo marcou un dos grandes goles da xornada e case que da tempada. Volveu ser titular ante o Pontellas por 15ª vez e marcou o cuarto gol coa camisola verde.

A cinco puntos do primeiro sitúase o Polvorín e cun punto menos colócase o Somozas de Aldán Naval. O futbolista viveirense non tivo minutos no duelo da pasada finde ante o Bergan.

Na 5ª posición, pero empato a puntos co Somozas, aparece o Arosa de Ross. O xogoador lucense perdeuse o primeiro partido do que vai de liga por sanción. Xa poderá estar dispoñible para o comezo da 2ª fase.

Alberto Suárez marcou esta semana o segundo gol no que vai temporada. Foto: CD Choco.

Grupo play off ascenso:

O grupo intermedio está encabezado polo Racing Villalbés. Os dous primeiros clasificados deste grupo xogarán o play off de ascenso fronte os equipos que queden do 3º ao 6º no grupo anterior. Haberá unha praza de ascenso en xogo.

A oito puntos do Racing está o Fabril e logo a nove puntos o Rápido de Bouzas, o Estradense e o Choco. O cadro de Alberto Suárez evitou o grupo de descenso na última xornada. O mediocentro foi protagonista porque o seu gol no tramo final do encontro permitiulle ao conxunto de Redondela levar tres puntos clave.

Na sexta posición deste grupo está o Silva. O cadro coruñés tamén evitou caer ao descenso na última xornada a pesar da derrota co Racing. Alí segue Xusto. O central foi titular a semana pasada ante o seu ex equipo e seguirá sendo un dos referentes en defensa para o colectivo silvista neste segundo tramo de competición.

Grupo permanencia:

Catro dos doce equipos do grupo que pelexará pola salvación teñen representación lucense. E precisamente catro tamén son os clubs que se salvaran neste grupo que evita o descenso.

O Arzúa é o segundo clasificado neste grupo. Ten 29 puntos. Un menos ca o Barco. Álex Vázquez e Pedro Delgado foron titulares de novo no partido ante o Polvorín.

Un punto menos ten o Viveiro que ten os mesmos ca o Ourense CF de Julio Delgado. O futbolista de Burela foi titular na derrota do cadro ourensán ante o Rápido de Bouzas.

A nove puntos da salvación vai comezar a segunda fase o As Pontes. A pasada finde empatou sen goles ante o Paiosaco. Brais Vázquez foi titular por segunda vez consecutiva. Deixou a súa portería imbatida.

A arbitraxe lucense nesta xornada decisiva tivo lugar na Estrada. Jesús López Fernández dirixiou o Estradense 2-0 UD Ourense. Estivo asistido nas bandas por Alberto Blanco Méndez e Adrián Fernández Teijido.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Redacción Futbolinlugo
Artículos: 274

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.