#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal

Once da rolda inicial da Copa de Preferente e Primeira

A festa do comezo da Copa quedou empañada polo tráxico suceso da noite do sábado. Yolanda Naseiro, filla do presidente do Santaballés Jesús, perdía a vida nun fatídico atropelo cando volvía a cabalo da romaría de San Adriano. Esta triste nova obligou á suspensión do encontro de Copa entre o Santaballés e o Antas. Fontes do clube chairego indicáronnos que se acordou darlle a eliminatoria por gañada ao Antas.

O resto da xornada sí se disputou con normalidade. De feito, esta xa comezara a fin de semana anterior coa victoria do Pastoricense ante un Foz que acabou con nove xogadores pola expulsión de Asier e Bouso a máis de trinta minutos para o final. Casillas gardou ben a porta. Iñaki e Álvaro marcaron as diferenazas na medular. Todo isto no último encontro de Gonzalo coa elástica branquivermella, xa que o punta estará en Vigo a próxima campaña. O Riotorto xa agarda ao cadro do Acebreiro na próxima rolda. E o Monterroso enfrentarase ao Bóveda en Cerdeiriños. O cadro do Hermanos Somoza derrotou ao Páramo na casa. Macía realizou varias paradas de mérito. Ademais, os seus defensas axudaron á causa. Por iso, Roi e Iván están no noso once.

As outras tres eliminatorias decidíronse dende os once metros. O Riotorto apeou ao Burela na Marosa. Dio destacou nos de Abel Eijo, que son equipo de Segunda Galicia co descenso do Lemos. No cadro visitante destacou Brais, autor do gol dos seus. O San Ciprián tamén segue vivo grazas ao punto fatídico. Borja Mella e Borja Rego lideraron a ofensiva local ante unha Milagrosa moi combativa. Incluso mellor en varias fases do encontro. Buján sostivo o centro do campo capitalino. Por último, fixeron falla vintedous penaltis para selar o pase do Taboada. O partidazo de Dani Delgado, con fermoso gol no 90 incluído, serviulle de pouco ao Chantada Atlético. O claro protagonista na Medela foi o meta Roi. Xa vimos que a portería desta semana estivo máis cara que nunca. Pero témoslla que dar ao veterán. Xogou mermado físicamente. Salvou aos seus en varias ocasións. Marcou o penalti decisivo e parou o do seu colega de profesión Álex. Un desenlace deses que fan afección.

Os cruces da próxima rolda serán os seguintes:



*Atlético Escairón-Outeiro de Rei

*Antas-Polvorín

*Lemos-Chantada



*Taboada-San Ciprián

*Monterroso-Bóveda

*Sarriana-Ribadeo

*Pastoricense-Riotorto

*Chantada B-Residencia

Once da rolda inicial da Copa de Preferente e Primeira

Cruces das segundas eliminatorias das Fases de

Once da rolda inicial da Copa de Preferente e Primeira

Diario dun Mercado. Episodio 4

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *