Primeiro ano meu en Burela. Derbi ante o Xove Lago. Un partido bronco, un derbi. Recordo que houbera unha protesta e Jandri rematara expulsado aí. Xerouse un pouco de ‘revuelo’ e demais. De súpeto, un xogador que tiñamos no banco (non direi o nome) comezou a quitarse o suadoiro.
Digamos que non estaba en moi boas condicións despois dunha noite dura. Ata aí todo medianamente normal. Pero, nese punto empezou a dar pasiños curtos ata meterse de cheo no centro do campo. Sen cambio autorizado nin permiso do colexiado nin nada. Fixo alí un par de xogadas e todo, ata que Anxo (o de Viveiro) decatouse e falou co árbitro.
O colexiado instoulle a deixar o terreo de xogo despois de mostrarlle o cartón amarelo. O noso compañeiro xogou a súa última baza:
-«Isto é un campo público e podo xogar ao fútbol».


O noso compañeiro marchou entre as risas de todos.
Cristian Iglesias Martínez. Un focego capitán do Burela
