Vivimos grandes anos no Polvorín. Recordo unha das fases de ascenso a Liga Galega que xogáramos. Adestrábanos Juan Carlos Rodríguez, que tiña unha curiosa manía. A de poñernos os partidos do rival para analizalo todos xuntos.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2021/01/19366077_288987078228128_8926089735627974875_n-300x208.jpg)
Era un venres e comezou un ‘speech’ (discurso) dunha hora. Nós viríamos con algunha caña enriba. Seguro que o primeiro que pensamos foi: «pero que merda é esta…». Pero o relato animouse. E o míster soltou unha comparativa espectacular:
-«Vós que preferides ser? Cabeza de ratón ou cola de león?» «Actitude, actitude!!»
Saímos do vestiario todos mortos de risa. Non sabíamos con quen pensaba que estaba a falar. Só éramos uns rapaces que queríamos saltar ao campo e pasalo ben.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
De súpeto, o míster decatouse de algo. Máis ben de alguén que se foi da lingua.
-(un xogador, actualmente en Preferente): «Pois eu quero ser as dúas, cabeza de ratón e cola de león».
O adestrador enrabietouse de tal maneira que acabamos adestrando sós, o día antes dunha fase de ascenso. Dixo que non ía ao campo a perder o tempo. Seguro que razón non lle faltaba… Pensábamos máis en pasalo ben que en competir.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
Pablo Hernández Castillo. Porteiro xubilado. Xogador formado nas categorías inferiores de Milagrosa e Polvorín