O anecdotario: “Autoxestión de ratón”, por Pablo Hdez

Cando o míster se enfada antes dunha cita clave...

Vivimos grandes anos no Polvorín. Recordo unha das fases de ascenso a Liga Galega que xogáramos. Adestrábanos Juan Carlos Rodríguez, que tiña unha curiosa manía. A de poñernos os partidos do rival para analizalo todos xuntos.

A xeración de Pablo celebrando unha Copa cadete

Era un venres e comezou un ‘speech’ (discurso) dunha hora. Nós viríamos con algunha caña enriba. Seguro que o primeiro que pensamos foi: “pero que merda é esta…”. Pero o relato animouse. E o míster soltou unha comparativa espectacular:

-“Vós que preferides ser? Cabeza de ratón ou cola de león?” “Actitude, actitude!!”

Saímos do vestiario todos mortos de risa. Non sabíamos con quen pensaba que estaba a falar. Só éramos uns rapaces que queríamos saltar ao campo e pasalo ben.

De súpeto, o míster decatouse de algo. Máis ben de alguén que se foi da lingua.

-(un xogador, actualmente en Preferente): “Pois eu quero ser as dúas, cabeza de ratón e cola de león”.

O adestrador enrabietouse de tal maneira que acabamos adestrando sós, o día antes dunha fase de ascenso. Dixo que non ía ao campo a perder o tempo. Seguro que razón non lle faltaba… Pensábamos máis en pasalo ben que en competir.

Pablo Hernández Castillo. Porteiro xubilado. Xogador formado nas categorías inferiores de Milagrosa e Polvorín

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 755

Deja un comentario