#Cadetes #Feminino #Fútbol afeccionado #Fútbol Base #Infantís #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Xuvenís

Estes son os equipos inscritos para a Preferente e Primeira

Xa sabedes que nesta casa non entendemos de domingos nin festivos. Hoxe coñecemos os equipos de Preferente e Primeira que formalizaron a súa inscrición oficial en ámbalas dúas categorías. Tamén os equipos que xogarán en Ligas galegas na base e a Primeira galega feminina. Recordamos que a data límite para apuntarse en todas estas competicións era onte, 31 de decembro.

Na Preferente, todos os conxuntos da provincia da Coruña así como da de Lugo dixeron si. Un total de vinte e tres equipos entre os que están o Santaballés, Sarriana, Foz, Atlético Escairón, Lemos, Ribadeo e Residencia.

Por outra banda, na Primeira só se inscribiron oito equipos: Burela, Xove Lago, Pol, Chantada, Chantada Atlético, San Lázaro, Guntín e Castro.

Na Primeira feminina súmase o Lugo aos nosos representantes na anterior campaña: PM Friol B e Antas.



Volve o derbi entre Lemos e Atlético Escairón. Mariluz Fagín

No relativo ás competicións autonómicas de base seguirán o 99% dos conxuntos galegos. Estes serán os nosos representantes.

Galega xuvenil norte: Residencia, Viveiro, Racing Villalbés B e Polvorín.

Galega xuvenil sur: Calasancio.



División Honra cadete: CD Lugo.

Galega cadete norte: Milagrosa, Racing Villalbés, Ribadeo, Viveiro e Lugo B.

Galega cadete sur: Calasancio.

Galega infantil norte: Viveiro, Lugo e Residencia.



Estes son os equipos inscritos para a Preferente e Primeira

A Segunda Norte, moita incerteza e a

Estes son os equipos inscritos para a Preferente e Primeira

Os clubes da Terceira Sur inclínanse por

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *