#Anecdotario #Fútbol afeccionado #Primeira Futgal

O Anecdotario: «O nacemento de Diegol», por Juanma

Cando das toques nunha foto de equipo…

Despois dunha tempada boa coa UD Pastoricense tocaba xogar a Copa, tocounos visitar Valadouro. O verán anterior actuara en (Fonmiñá) Lucía Pérez e xusto nos representaba en Eurovisión. Estabamos uns cantos do equipo (case nunca saíamos o día antes do partido). Ese día tocou facerlle a nosa homenaxe particular a dito festival que consistía en beber unha cervexa por canción que soaba… Queriámoslle mandar boas vibracións… (risas)

O resultado foi que un xogador (non direi o nome pola súa boa reputación) non puido ir xogar ao día seguinte. No seu sitio, entrou a última hora ‘Diegol’ que fora outro dos que estivera o día anterior. Íamos no bus e dita persoa dicía: «pero que farei indo xogar a Valadouro». «Voume durmir no banco…».

Facilita o adestrador a alineación e este home sae titular. 90 minutos no que mete os 2 goles da UD. Empatamos e na ronda de penaltis, para máis inri, mete o penalti da vitoria… Nace ‘Diegol’ e tapa un pouco a artistada que montei en dita tanda na que fun expulsado por dobre cartón amarelo (ambos ensinados nela). Iso contarase outro día… (risas)

Juanma García Rozas. Defensa dos de antes. Xogador do Pastoricense



O Anecdotario: «O nacemento de Diegol», por Juanma

No imperio da Reigosa nunca se pon

O Anecdotario: «O nacemento de Diegol», por Juanma

Racing Vilalbés e Polvorín gañan con dous

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *