#Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 184

Comezamos o episodio 184 do noso Diario dun Mercado falando dun dos homes de moda no fútbol lucense. Non é outro que Pablo Antas, autor do tanto do ascenso da S.D. Compostela a Segunda División B. O monterrosino continuará un ano máis nas filas do conxunto dirixido por Iago Iglesias, e ademáis adestrará ao xuvenil B e será o encargado da metodoloxía no fútbol 8.

Na Preferente, o Lemos renovou a Brais Meco, mentres que o Ribadeo conta con nova xunta directiva, a que encabezará como presidente Pedro Posada. Por diante un longo traballo para confeccionar un plantel que sufriu importantes perdas nestes últimos meses.

Logo da súa recuperación, Brais Meco voltará a ser un xogador importante nos esquemas de Edu Rodríguez

O Alfoz continúa anunciando renovacións importantes. Desta volta é o turno de Miguel, que seguirá no Municipal na vindeira temporada. O Xermade troca de mando. Rebolo non continuará no banquiño por motivos laborais e o seu posto será ocupado por Paco Castro, que retorna así ao noso fútbol logo duns anos alonxado do mesmo. Os seus últimos equipos foron o Xermade e o Roupar.

O Río Sil anunciou a fichaxe de David. O soberino, logo duns anos adicado ao fútbol sala, xogará na Carqueixa a próxima campaña. O Celeiro renovou a Xabi, Atoche e Poti e garante así a continuidade da grande maioría do seu cadro de xogadores.



https://www.instagram.com/p/CDmaQk_CoQJ/?utm_source=ig_web_copy_link

Fóra das nosas fronteiras, o lucense Iñaki non continuará nas filas do conxunto cántabro do Barquereño, no que foi o seu terceiro conxunto na súa aventura no grupo III da Terceira División logo do seu paso polo Tropezón e o Rinconeda.



Diario dun mercado. Episodio 184

A II Guía Futbolinlugo, en dixital (1)

Diario dun mercado. Episodio 184

Diario dun mercado. Episodio 185

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *