
Jesús Melendo López (Barcelona, 1989) será o peso pesado do staff técnico do Antas unha campaña máis. Este curso aínda máis, xa que ao seu traballo como técnico do primeiro equipo masculino; hai que engadirlle á súa volta ao feminino. Conversamos con el para vislumbrar o que pode ser esta vindeira temporada.
FUTBOLINLUGO: Boas Melendo! Noraboa por ese ascenso. Que no medio da pandemia, xa era máis agardado que inesperado, non?
MELENDO: Boas! Sempre entendemos que no caso de que non se puidera xogar ese play off de ascenso, tocábanos a nós por estar aí. De feito foi na última xornada antes do parón, que o Lemos B perdeu e nós collemos esa terceira praza. Adiantámolos aí, nese momento. Ser é inxusto pero tiña que haber ese ascenso. E o lóxico era que fose o mellor clasificado, tocounos a nós.
Veremos cantos xuvenís soben. Non quero que estén sen xogar
![]()
FIL: Como vai ser o equipo no regreso a Segunda?
MEL: A idea era renovar a cantos máis mellor. Temos a dezaseis renovados do ano pasado. É un logro. Soben tamén, como mínimo, un par de xuvenís. Incluso máis. Temos que pensalo ben xa que non quero que estén sen xogar. En canto ás fichaxes, por agora, non temos ningunha. Se veñen é para mellorar, non traer por traer. Algún está bastante cerca, iso si.
FIL: Quizais sorprendeu un pouco esa volta tamén co feminino. Era necesario un cambio?
MEL: Entrou unha directiva nova e considerou que había que facer ese cambio no feminino. Ofrecéronmo e aceptei. Seguiremos na mesma liña, as xogadoras xa saben como traballo. E o equipo vai saír seguro. Temos dezasete xogadoras confirmadas, algunhas delas rapaciñas novas que se incorporan ás trece que renovaron.
O equipo feminino vai saír seguro. Na base, somos un equipo de aldea, ata a última semana non saberemos os equipos que sacaremos
FIL: Por último, cal é a idea que tedes para o novo proxecto de base no Castro Seoane?
MEL: A idea é sacar un equipo en cada categoría. Sacalos todos. Pero somos un equipo de aldea e temos o problema de que case ata a última semana antes de comezar non imos saber se isto será posible.