#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

Diario dun mercado. Episodio 167

Cando parecía que o mercado nos daba unha pequena tregua, volve o movimento no fútbol lucense. Na Preferente, o C.D. Foz renovou a Gonzalo, un dos seus estandartes, e o recén ascendido Atlético Escairón asinou ao gardameta Moncho, procedente do Piloño, equipo de Vila de Cruces.

Nas dúas últimas temporadas, Josema foi un fixo no once do Castro

Na Primeira Autonómica, o Castro acadou a renovación dun fixo a pasada temporada: o porteiro Josema. Ademáis os chairegos reforzan a parcela atacante coa chegada de Iago, procedente da Residencia. O Lourenzá mantén na súa plantilla a dous buques insignia da súa canteira: José Antonio e Yago. Sen saír da Mariña, o Alfoz tamén renovou ao veterán Pille, así como a Dani Río e o Burela, que vai camiño de manter a súa columna vertebral, asinou a renovación de Álex. O Chantada completou un póquer de renovacións. Seguirán no Sangoñedo a vindeira campaña Fornas, Manute e Povis, mentres que Noela continuará no equipo feminino. O San Lázaro, logo de asegurar a continuidade de Diego Rey no banquiño, comeza a perfilar o seu cadro de xogadores. Pipita, Rami, Saúl, Picatto e Julito continuará un ano máis na Ponte.

Dous ascensos consecutivos acadou o Alfoz con Dani Río nas súas filas

O Sporting Lucense refórzase con Jul, Seco, Damián, Hugo e Óscar, todos eles procedentes do Santa Comba, e tamén con Jacobo, tamén con pasado no clube de Tras do Novo.

Na Reto Iberdrola, o Peluquería Mixta Friol asinou como adestrador a Abraham García. A pasada temporada dirixiu ao U.D. Tacuense e con pasado no Sevilla C.F. e no C.D. Híspalis.



Diario dun mercado. Episodio 167

F. Corredoira: «No Chantada Atlético vin a

Diario dun mercado. Episodio 167

Diario dun mercado. Episodio 168

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *