Se algo caracteriza á cidade de Lugo é a súa historia. Aínda hoxe hai na localidade vestixios da súa gloria do pasado: unha muralla bimilenaria, a calzada romana, a ponte romana (agora reconvertida)… dan boa conta da importancia que tivo noutrora a capital da nosa provincia. Hoxe, un dos monumentos antes citados, a ponte, da nome a un barrio que está -curiosamente- a facer historia de novo.
O San Lázaro celebrando o título de copa na 2019/2020.
Se ben antes a gloria de Roma -e consecuentemente, de Lucus Augusti- viña dada polos lexionarios, que batalla tras batalla deixábanse a vida por obter unha victoria, hoxe son os futbolistas da SCD San Lázaro os que deixan a pel cada domingo para outorgarlle ao barrio lucense e ao clube celeste o prestixio que merecen: así, os integrantes do equipo son unha nova versión de lexionarios que, afortunadamente, non perden a vida nas súas batallas e celebran as victorias cun bon terceiro tempo, no canto de saquear poboacións veciñas.
Hoxe vimos falar dunha xesta que foi realizada en apenas ano e medio polos xogadores e o corpo técnico da SCD San Lázaro. En 2019, o adestrador Diego Rey collía as rendas dun equipo asentado na Segunda Galicia, pero no que non acababan de saír as cousas. Esa mesma temporada, o conxunto quedou moi preto de ascender á Primeira Autonómica e alzouse como campión de Copa. Xa na 2019/2020, os celestes foron superiores a todos os seus rivais e conseguiron o salto de categoría.
«Entrenabamos entre 20 e 21 xogadores todos os días».
O preparador do clube da Ponte, Diego Rey, sinalou a Futbolinlugo que «o ascenso foi un premio para un clube humilde que traballou moito, ademáis de para os xogadores, que o merecían moito«, mentres que agarda que a nova temporada sexa «diferente, por como se organizarán os grupos. O obxectivo é a permanencia, porque seguro que hai moitos descensos. Teremos que traballar moito porque hai un gran salto de Segunda a Primeira. Porén, creo que competiremos ben mantendo a maior parte do grupo e fichando algo». Así, o técnico, cuxas actuacións teñen certa analoxía coas dos estrategos romanos, afirma que o éxito se debe a que «eu teño moita pasión por esto. Cada fin de semana iba a tres-catro partidos de Segunda para coñecer aos rivais. Ademáis, creamos un grupo humano moi bon, conseguimos que todos os futbolistas fosen, polo menos, bos compañeiros. Cando chegamos había algunas rencillas, pero a día de hoxe a gran maioría son amigos. Por último conseguimos adestrar con 20-21 xogadores todos os días, o cal é un salto desde que chegamos».
O San Lázaro foi o equipo menos goleado da Segunda Sur.
Outro dos artífices da fazaña realizada polo equipo é o seu gardamallas, Borja Figueiras, líder equiparable a un centurión, comandando a batalla desde dentro do campo. O porteiro afirma que o ascenso «foi o premio ao gran traballo que está a facer esta entidade dende varios anos. Desde que cheguei á Ponte nunca se nos marcou ningún obxetivo máis aló da permanencia na categoría, pero dentro do vestiario fómonos dando conta que podiamos aspirar a máis e buscar un obxetivo máis ambicioso. Despois de dúas temporadas quedando no terceiro posto coa mel nos beizos e cun título de Copa Deputación de por medio, por fin o conseguimos, gustaríanos telo celebrado no céspede, pero creo que foi máis que merecido debido a gran vantaxe que levabamos. A chave de todo é o gran grupo humano que hai, dende a directiva ata os xogadores, somos unha familia. Este club histórico da provincia como mínimo merecía estar en PRIMEIRA«, e tamén fai referencia bo rexistro do equipo en canto a goles encaixados (17 goles en toda a temporada), sinalando que «é mérito de todo o equipo, habitualmente pensamos que non encaixar e cousa dos defensas e do meu posto, o de porteiro, pero neste equipo, todos os xogadores que estaban sobre o céspede daban todo en cada desputa, balón parado… e claro, así e máis doado todo. Ademáis o míster sempre transmitiunos que sendo fortes defensivamente, tiñamos moitas posibilidades de gañar os partidos xa que arriba temos xogadores que marcan a diferencia polo que era fundamental non encaixar. O fundamental deste equipo e que somos moi equilibrados en todas as liñas e adaptámonos moi ben a calquer contexto de partido, polo que os rivais non tiñan doado facernos ocasións perigosas durante o encontro«.
Pero ser un conxunto moi sólido en liñas defensivas non foi o único que permitiu ao San Lázaro voltar á Primeira doce anos despois, senón que a súa capacidade goleadora tamén tivo moito que ver. Julio Rodríguez, con 16 goles, ou Yago Armesto, con 9, lembraban cada domingo a lexionarios asediando unha cidade inimiga, pero neste caso as vítimas eran as defensas rivais.
«Gustaríame ter peleado polos puntos restantes.»
Precisamente Yago Armesto tamén tivo unhas palabras para nós, coas que afirmou que o ascenso «foi o fruto de todo o esforzo e traballo do equipo, desde a directiva ata os xogadores, incluidas terceiras persoas que sempre aportaron o seu grao de area como eses fieis aficionados e terceiros que nos acompañaron neste proxecto, gustaríame aproveitar para felicitar tamén ao Portomarín, que competiu a liga ata o parón… e levaban unha dinámica espectacular. Persoalmente gustaríame ter peleado os puntos restantes, xa que foi unha disputa reñida«, mentres que agarda que a 20/21 sexa «sen dúbida, non será sinxelo porque o nivel da competición será maior, porén xa tenemos medio obxectivo cumprido, xa que somos unha familia. Por último engadir que deberemos subir unha marcha, ou todo esto solo serán palabras baleiras«.
Pipita, demostrando calidade e agallas fóra da área.
Estes son tan só algúns dos lexionarios que levaron ao barrio da Ponte de volta á Primeira Galicia, pero as chaves do éxito foron, como na maioría dos casos, o bo rollo que se respirou no vestiario cada adestramento, cada partido e cada post-partido. Desde Futbolinlugo, desexamos a mellor das sortes ao San Lázaro e a todos os xogadores, que pelexarán «a vida ou morte» cada domingo por manter ao clube da Ponte na Primeira.
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional
Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.