#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal #Terceira Futgal #Terceira RFEF

Diario dun mercado. Episodio 159

Tódolos anos hai un gran animador do mercado. Ou varios. Pero este ano, o Pol lévase a palma. O cadro do Manuel Luna vén de confirmar dúas fichaxes para reventar a Primeira Galicia. Ambas en liñas claves. A portería estará ben gardada por un clásico da provincia. José Bruzos deixa Foz para recalar no ambicioso proxecto comandado por Alberto López. A el unirase un dianteiro, vello coñecido do técnico lugués. Mauro Busi é un xogador máis dos que cambia Sarria por Pol. A súa carta de presentación: 26 goles nas súas dúas últimas campañas en Preferente. Non serán as últimas incorporacións. De feito, nos próximos días farase oficial un dianteiro xove pero contrastado na Preferente.

José Bruzos, gardamallas contrastado para os afeccionados do Manuel Luna

Nesa mesma categoría, o Outeiro será unha temporada máis candidato ao ascenso. Iso si, non poderá contar con Varo e Adrián Román. Causan baixa ao igual que a xa comentada do meta Brais Lombao, agora no Abadín. O resto do cadro de xogadores será moi similar, á espera de fichaxes, xa que preto do 90% de xogadores renovou. Ademais, o Portomarín, asegurou a continuidade de Troulo ao mesmo tempo que incorpora un novo elemento ao seu staff técnico. Alberto, exsegundo adestrador da Sarriana e técnico na base do Lugo, será a man dereita de Fernandito no cadro miñoto.

Máis ao sur, o Chantada segue un ano máis cos servicios de Manuel e Jordi así como Dieguito e Sergio. No cadro feminino, renova Ángela e a gardamallas Sandra. Pola súa parte, os veciños do Atlético asegúranse o gol co monterrosino Pardo e manteñen tamén aos capitáns José e Dani. Moi próximos á vila chantadina, atópase o Carballedo na Terceira Galicia. Club que contará de novo co veloz Noé.

Por último na Terceira División, contamos dúas incorporacións sonadas. O Viveiro reforza o seu lateral esquerdo con Pablo Rey, destacado xogador nas últimas campañas no Polvorín. Competirá polo posto co canteirán Pablo Louzao. E no Rácing Villalbés, ilusiona a fichaxe de Dani Pedrosa. O ribadense regresa á provincia dende a UD Ourense para formar unha dianteira prometedora cun socio complementario como o goleador Fernando ‘Jhon Cuadretti’.



Diario dun mercado. Episodio 159

Adrián Vázquez, SD Chantada: «O obxectivo é

Diario dun mercado. Episodio 159

Diario dun mercado. Episodio 160

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *