Son noticia a nivel nacional. Mentres practicamente todo o país se acha nas súas casas, eles pelexan e traballan día tras día para conseguir que esta crise sanitaria non sexa peor do que xa está a ser. Son protagonistas agora, pero tamén o son cada domingo nos campos de fútbol! Hoxe, unha nova edición de Sanitarios de ouro!
Os nosos protagonistas de hoxe son Alejandro Vázquez Ratón, xogador do Taboada CF e enfermeiro na área sanitaria de Monforte de Lemos, e José Álvarez «Olano», do Ferreira CF e Enfermeiro- Docente de Sanitaria no CIFP Portovello de Ourense.
Facer caso aos consellos. Alejandro Vázquez
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2020/04/ratontabo.png)
«O regreso véxoo con moita incertidume xa que esta situación creo que se vai alargar e aínda que melloren algúns aspectos o virus seguirá con nós e sería un risco compartir vestiario, equipacións, material, botellas, celebracións… As probabilidades de contaxio aumentarían e habría equipos moi afectados para afrontar os partidos e os entrenos, ademáis da normal perda de forma física neste tempo de corentena. Polo tanto, creo que o menos inxusto sería dar por finalizada a competición, sen ascensos nin descensos, e para a nova tempada retomala con todas as garantías de saúde e con igualdade para todos.»
Vai ser difícil volver a xogar esta temporada. José «Olano».
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2020/04/OLANO-FERREIRA-300x200.jpg)
«Sendo realistas vexo moi difícil xogar mais partidos esta tempada. O peor da pandemia está por vir, e agora mesmo todo o tema deportivo debe quedar nun segundo plano. Temos o exemplo de China, que con medidas mais restrictivas que aquí, tardaron 2 meses en controlar mínimamente a situación. Toca encerrarse na casa e coidar dos nosos maiores. A capacidade de contaxio do virus queda demostrada cos positivos en equipos de diferentes deportes. Así que toca calma, paciencia e ir día a día vendo como evoluciona todo.»