#Fútbol afeccionado

A Axenda: o Polvorín volve ao Anxo Carro para recibir o Compostela

TERCEIRA DIVISIÓN

 – Polvorín – S.D. Compostela (Domingo ás 11 horas no Anxo Carro): esceario grande para recibir a un histórico do fútbol galego. O filial albivermello, con seis puntos sobre a zona de descenso directo logo do triunfo no derbi, recibe a un Compostela intratable. É líder e suma dezasete xornadas sen coñecela derrota.

– Racing Vilalbés – C.D. Pontellas (Domingo ás 16:30 horas na Madalena): encontro clave para os de Simón Lamas no seu obxectivo de afastarse da zona de perigo. Reciben a un rival situado na penúltima praza, lonxe da zona de permanencia, pero que chega co aval de vencer no encontro aprazado en Calabagueiros diante do Barco.



PREFERENTE NORTE

 – Viveiro C.F. – S.D. Sarriana (Domingo ás 12 horas en Cantarrana): logo da última derrota en Santa Comba, o líder non quere máis sobresaltos. Pero o rival non será cómodo. Un derbi provincial ante a Sarriana, que xa lle gañou aos de Chusky na primeira volta, aínda que os da Ribela están moi afastados da zona de privilexio.



– Ribadeo F.C. – C.D. Boiro (Domingo ás 17 horas nas Valgas): posiblemente a última oportunidade para ámbolos dous conxuntos para intentar engancharse aos postos cabeceiros. Os de Rafa Casanova chegan a este encontro logo da clasificación para as semifinais da Copa Deputación.

PRIMEIRA AUTONÓMICA

 – S.D. Burela -S.D. Outeiro de Rei (Domingo ás 16:30 horas na Marosa): os dous conxuntos apuran os últimos cartuchos para non quedar descolgados da pelexa polo ascenso. Aínda que a distancia é considerable, o que acade os tres puntos seguirá soñando.

– S.D. Santaballés – U.D. Pastoricense (Domingo ás 16:30 horas na Liga): os de Dani Moirón tentarán esquecer a derrota ante o Folgueiro cun triunfo no seu campo que os manteña na segunda praza. Enfronte un Pastoricense que empatou os sete últimos encontros e que amosa cada xornada a dificultade que supón gañarlle.



SEGUNDA AUTONÓMICA

 – Celta Barreiros – Sporting Pontenova (Sábado ás 16 horas no Cascabeiro): un dos favoritos ao ascenso visita a unha das agradables sorpresas deste grupo norte da Segunda. Os de Fran Vázquez, a só cinco puntos dos postos de ascenso non renuncian a nada. O Sporting, que chegan tras golear ao Cabreiros, ven a segunda praza moi preto.

 – S.D.C. Roupar – A.C.D. Xermade (Sábado ás 17 horas no Novo):  interesante derbi xermadino. O cadro local logo dun mal comezo ligueiro suma dez xornadas sen perder e soña con engancharse ao grupo cabeceiro. Os visitantes, sempre preto do segundo posto, pelexan por achegarse a él.

Ferreira C.F. – S.D. Becerreá (Domingo ás 16:30 horas no Baliño): os de Pantón, que nas últimas xornadas sinten o alento do Portomarín, tentarán acadar un triunfo que os manteña na segunda praza. Enfronte, un Becerreá que gañou os seus tres últimos partidos e que se mantén a racha pode achegarse á zona de privilexio.

TERCEIRA AUTONÓMICA

 – Fonsagrada Balompé – Friol C.F. B (Domingo ás 18 horas no Gómez Besteiro): o líder quere manter a súa condición de invicto e facerse forte na primeira praza. Reciben ao filial do Friol, que buscará un triunfo que o acerque ao ascenso directo.

– S.D. Antas – Sporting Lucense (Sábado as 20 horas no Castro Seoane): o conxunto adestrado por Melendo atópase no mellor momento da temporada e tentará darlle continuidade á racha de sete encontros sen perder para achegarse á segunda praza. Os visitantes queren manter o liderato ante a ameaza da Milagrosa, a tan só un punto.

RETO IBERDROLA

 – Peluquería Mixta Friol – S.D. Eibar (Domingo ás 12 horas na Reigosa): difícil compromiso para as lucenses. Reciben a un Eibar situado na terceira praza e que tan só perdeu dous encontros en toda a temporada. O Friol buscará manter o marxe de seis puntos sobre os postos de descenso.

PRIMEIRA DIVISIÓN GALEGA FEMININA

 – S.D. Antas – Tomiño F.C. (Domingo ás 18 horas no Castro Seoane): encontro vital para as da Ulloa. Reciben a un rival directo na pelexa pola permanencia ao que superan por tan só un punto na clasificación. Ámbolos conxuntos chegan cunha traxectoria moi similar.

SEGUNDA DIVISIÓN FEMININA

 – C.D. Lugo – Victoria C.F. (Domingo ás 18 horas na Cheda): co obxectivo claro de acadar o primeiro posto, as lucenses buscarán o triunfo ante o terceiro clasificado, aínda que con quince puntos menos que as de Joaquín Blanco.

– Carballedo C.F. – Xuventude de Crendes (Domingo ás 16:30 horas no Catro Ventos): logo de dous triunfos consecutivos, o Carballedo buscará seguir coa boa racha para achegarse á zona media da táboa ante un rival que conta con catro puntos máis na clasificación.

– S.G. Comercial – Olímpico C.F. (Domingo ás 17 horas no Rodríguez Lago 2): encontro a priori cómodo para as lucenses ante un conxunto que só suma catro puntos na clasificación. O Comecial, na cuarta praza, pode achegarse a tan só un punto das terceiras.

A Axenda: o Polvorín volve ao Anxo Carro para recibir o Compostela

O partido da xornada . . .

A Axenda: o Polvorín volve ao Anxo Carro para recibir o Compostela

Palabra de… Ruchi: «O respecto e a

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *