Hoxe, demostramos que o fútbol non entende de fronteiras nin de idades. Graham Martin, de 63 anos e natural de Londres, leva moitos anos na nosa terra e tamén xogando ao fútbol veterán cada domingo en Nadela. Concedeunos cinco minutos da súa axetreada axenda para falar con él.
Futbolinlugo: Ola Graham. Ti es inglés, polo que deberías levar o fútbol no sangue. Xogabas de mozo ao fútbol?
Graham: Cando era pequeno, non xogaba a fútbol. Practicaba rugby e hockey, polo que non adquirín moita técnica de mozo, e agora que son vello cóstame máis ir mellorando (risas), pero gústame moitísimo o fútbol.


Futbolinlugo: Canto tempo levas, entón, xogando a fútbol?
Graham: Uns cantos anos, desde que un grupo de amigos decidimos xuntarnos para pasar un bo rato e facer algo de deporte.

Futbolinlugo: Que é o que máis che gusta do fútbol veterán?
Graham: O mellor é que cando xogas sempre o pasas ben. Non importa tanto gañar ou perder, aínda que me gusta competir, pero o importante é facer algo de exercicio físico e rir un rato cos colegas.
Futbolinlugo: Cal é o teu posto?
Graham: Xogo de central, porque son moi alto e (modestia aparte) son moi bon golpeando o balón coa testa.
Futbolinlugo: Imaxino que terás un clube inglés favorito… Identifícaste con alguna figura dese equipo?
Graham: Por suposto, o Liverpool. A miña técnica é similar á de Coutinho (morre da risa). Bromas aparte, Gerrard sempre foi o meu heroe, e comparto con el o liderazgo que ambos mostramos sobre o terreo de xogo, ademáis da veteranía.
Futbolinlugo: Como lle foi ao teu equipo na liga?
Graham: Moi ben, fundamentalmente pasámolo ben e non me manquei demasiado, a pesares de que sempre podes sufrir una lesión, xa que o fútbol, veterán ou non, é un deporte de contacto.
Futbolinlugo: Gustaríache seguir xogando por moitos anos?
Graham: Tendo en conta o vello que son, teño máis de 60 anos, non creo que siga xogando moito tempo máis.
Futbolinlugo: Moitas gracias pola túa atención, Graham.
Graham: Gracias a vós.
Imaxinamos que, ao igual que Graham, algún teredes ou coñeceredes una historia similar á súa que nos queirades contar. Alguén que estea lonxe da súa terra pero que non deixe de facer o que máis lle gusta!