Esta nova edición das nosas guerreiras da fin de semana chega con tres novas destacadas, repartidas polas categorías de fútbol once que contan con representación provincial. No Reto Iberdrola, o PM Friol recibía na Reigosa a un dos galos da categoría, o CA Osasuna, chamado a conseguir o ascenso á Primeira División. As friolenses non saíron ben e as visitantes anotaron goles tempraneros que sentenciaron o choque. Ao cabo dos 90 minutos, 1-6 para as pamplonicas.
Na Primeira Galicia, o filial do PM Friol superou por 3-2 ao CP Alertanavia, logo de comezar perdendo e non remontar o choque até os minutos finais, xa que entre o minuto 62 e o 77 as lucenses anotaron tres goles. Finalmente, o Alertanavia recurtaría distancias pero non conseguería o empate. A SD Antas, pola súa banda, empatou a dous goles no sempre complicado campo do Valladares. Ademáis, as de Chapa chegaron ao duelo con tan só dez xogadoras, xa que moitas eran baixa esta semana por lesións, estudios ou traballo, polo que o empate ten aínda máis mérito.
Na Segunda Galicia destacou o derbi entre CD Lugo e a SD Chantada, que se saldou cun 6-1 para as albivermellas, aínda que o choque estaba 1-1 no minuto tres de xogo. A partires de aí, as de Joaquín deixaron todo no campo para levarse os tres puntos, pese a que o equipo de Alex Varela fixo moitos esforzos para evitalo! Por outro lado, a SG Comercial superou 2-0 ao Betanzos «B», nun partido no que o bo fútbol das de Vivian Dors se viu tan só por momentos. Porén, foi unha victoria máis que xusta.
Por último, o Carballedo CF leva 9 dos últimos 9 puntos, logo de superar por 4-0 ao Brexo Lema nos noventa mellores minutos do equipo no que va de campaña. Quizais influiu niso o primeiro gol, xa que foi nos primeiros minutos, pero a partires de aí as lucenses deron un baño física e futbolisticamente ás rivais, anotando goles fermosos, como o cuarto (unha xogada elaborada por banda e pase da morte para rematar ao segundo pau).
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
En canto ao Fútbol-7, a SD Burela descansou, pero a SCD Milagrosa arrollou ao Silva «B» (7-0).
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)