#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

Once da xornada 33 na Preferente Galicia

O regreso á competición na Preferente trouxo resultados dispares para os conxuntos lucenses. No duelo provincial da semana o Lemos deu a sorpresa ante o Lugo B que perde comba co segundo posto. A súa vez, os de Monforte deron un importante paso cara a permanencia. Tamén conseguiu unha vitoria destacada o Chantada, mentras que a Sarriana afúndese na clasficación.  Toda a xornada queda reflectida no noso once.

O partido da Pinguela acabou con triunfo do Lemos por 4-3 ante o Lugo B. Nun gran partido dos locais con gran acerto, Jorge Rodríguez, Eriksson e Petrovich (por segunda xornada seguida) lideraron ao conxunto monfortino que soubo sobrepoñerse ao empate do filial alvibermello con 1-1 e despois mantela diferenza cando ía gáñando. O Lemos, segue pendente dos arrastres que o poidan facer baixar, pero xa está empatado a puntos co rival que o antecede, o Mugardos. Pola súa banda o Lugo B queda cuarto na clasificación, a catro do ascenso directo.

Manu no Chantada, Petrovich no Lemos e Arturo no Viveiro repiten por segunda semana seguida

A outra gran nova da fin de semana chegou en Sada, onde o Chantada derrotou por 1-2 ao último clasificado. Traste, Manu (por segunda xornada consecutiva) e César marcaron as diferenzas para os visitantes nun encontro que se resolveu grazas ao penalti transformado por Manu. O cadro chantadino suma a súa segunda vitoria seguida e alimenta as súas posibilidades de salvación.

O Viveiro botoulles unha man aos conxuntos lucenses da zona baixa ao gañarlle 2-o ao Mugardos en Cantarrana. Kiko, coa portería a cero, e, de novo, Arturo volveron marcar as diferenzas para o club de Cantarrana, ao que lle faltaría que a temporada durase un par de xornadas máis para achegarse ao play-off. Outro que lle axudou os da terra foi o Escairón que derrotou por 0-1 ao Betanzos e impídelle ao equipo coruñés sellala permanencia. Iván González e Castro foron os máis sobranceiros dun partido que deixa aos do Saviñao na sexta praza. Pola súa banda, o Ribadeo empatou na casa ante o Bertamiráns (que tamén se atopa na zona baixa) grazas a un tanto de Criss nos últimos minutos. O friolés Rafa Casanova volveu levala batuta do Ribadeo.



A mala nova púxoa a Sarriana que perdeu por 6-0 no Viso ante o Arzúa. O club sarriano, que contou con moitas baixas, está prácticamente fóra de combate con 23 puntos no segundo posto do descenso.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *