#Feminino #Fútbol afeccionado

As nosas guerreiras da fin de semana

Como cada xoves, hoxe traemos unha vez máis a sección na que analizamos a xornada das nosas futbolistas, quen -como xa nos teñen afeitos- defenderon o nome da provincia durante os noventa minutos. Agora, nós analizamos ditos choques!

Esta semana, a nosa representación na Primeira División «B», o PM Friol, tivo descanso polo parón de seleccións. Porén, si xogou o seu filial, da Primeira Galicia, na casa da SD O Val, onde venceron as de Narón por 3-2. As lucenses pelexaron durante todo o partido, e a piques estiveron de sacar algo positivo de Ferrolterra logo de ir perdendo por 3-0 no minuto 66. No próximo partido, na Reigosa ante o Valladares «B», de seguro que se verán reflectidas todas as cousas positivas que se viron esta pasada semana.

O outro equipo da Primeira Galicia, a SD Antas, continúa coa súa xeira positiva de resultados tras vencer ao Alertanavia por 2-1, nun choque de ida e volta que se decantou a prol das locais cun gran tiro de Nuria no minuto 90. Así, as de Chapa suman 7 dos últimos 9 puntos disputados.

Xa na Segunda Galicia, a mellor nova da xornada veu dada polo Carballedo, que estreou o seu casilleiro tras vencer 2-4 ao Portazgo con goles de Diana Picos, Laura Delgado e dúas faltas milimétricas asinadas por Paloma, unha das máis destacadas do encontro. Asemade, o CD Lugo apisonou ao Olímpico (0-15), vencendo xa por 0-4 no minuto 9. Ademáis das goleadoras, destacaron os papeis de Raquel e Andrea, xogadoras moi novas que son capaces de levar o timón do centro do campo.



A SG Comercial non pasou do empate (1-1) na casa do Sporting Burgo, tras un duelo moi completo no que as visitantes mereceron gañar, pero as coruñesas lograron o empate a falta de cinco minutos para o pitido final. A dobre cara da moeda caeu no Sangoñedo, onde a SD Chantada caeu 1-2 ante o Once Caballeros, logo de voltear o choque as visitantes.



As nosas guerreiras da fin de semana

O partido da xornada . . .

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *