#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal

Diario dun mercado. Episodio 134

Queda unha semana para que comece a liga na Terceira e na Preferente. Últimos amigables e últimos movementos nos equipos da provincia que xogan nesas categorías. Na Preferente, Jesús Pablo renova co Foz. O central chairego que chegou no pasado mes de outubro para botar unha man na faceta defensiva, repetirá no Martínez Otero. Pola súa banda, a Primeira Rexional aínda tes máis marxe antes de comezar. Salientamos o movemento de Carrasco que ten que deixar o Atlético Escairón. O futbolista marcha de volta a súa terra natal, Cádiz.

Na Segunda Rexional, coñecemos como prepara a temporada un dos equipos que nos últimos anos sempre estivo na parte alta. Jose Carlos, ex adestrador do CD Cospeito, será o novo adestrador. Aínda que seguirá contando coa axuda do anterior. Delfín Romero continuará para botar unha man. Contan con baixas como as de Toni (Xermade), Isaac Rouco (CD Castro) ou Corral (Cazás). En cambio, volve Antón que o ano pasado non puidera xogar por motivos laborais, Josito, Ibra, Cabado (central procedente do Catro Roldas) e Diego Alvariño (ex da Residencia). Ademais, en principio, cinco xuvenís pasarán a formar parte do cadro sénior: Cendán, Brais, Pita, Pereira e Diego.

Seijo (8º de pé comezando pola esquerda) participou no I All Star Futbolinlugo. Agora cambia o Abadín polo Cabreiros

Tamén coñecemos máis polo miúdo o plan para o curso do Cabreiros. Verán de cambios para o conxunto preparado por Abel Rochela. Marcharon futbolistas como Pablo, Orosa, Manu Roca (Riotorto), Álvaro, Rafa, Manu, Pellón, Víctor ou Andrade. Non obstante, continúan algúns piares importantes. Beto, Álex Fresco, Carba, Carlos, Cristian, Critoff, Iago Vázquez, Isma, Joni, Lino, Marcos, Totti, Pepe, Santi e Vila. Ademais chegaron fichaxes. Marcos Rodríguez Seijo chega procendente do Abadín. O dianteiro abadinense marcou 15 goles no curso pasado. Do mesmo equipo tamén vén Vicente. Aínda que este xa conta con pasado no equipo xermadino. Tamén vén Meizoso procedente do veciño Xermade e Derick do xuvenil do As Pontes. Na mesma categoría, o Roupar reforzouse coa chegada de Jacobo Barro.



Diario dun mercado. Episodio 134

A pretemporada en imaxes: Xove Lago –

Diario dun mercado. Episodio 134

A pretemporada en imaxes: Cazás 0-3 Roupar

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *