A pretemporada en imaxes: Cazás 0-3 Roupar

Os equipos continúan preparándose para o inicio da competición. Por noveno ano, os equipos de Xermade xogan o Trofeo Manuel González Fernández. Un municipio con menos de 2000 habitantes que aínda mantén catro equipos sénior (chegou a ter máis). O Cabreiros e o Xermade xogan este domingo a final da Copa no Catro Ventos de Cazás. Este sábado o Cazás e o Roupar xogaron o 3º e o 4º posto en Cabreiros. O cadro verde venceu por 0-3.

O novo proxecto con Borja Bouza no banco vai collendo forma sen ter aínda o cadro de xogadores ao completo. Marcaron Remus, Fran e Jaco. O listón da tempada pasada está alto, xa que o equipo rematou 3º no grupo norte da Segunda Rexional e chegou a final da Copa Deputación. Pola súa banda, o Cazás tivo as súas opcións no encontro pero estivo lastrado pola falta de acerto. As baixas tamén se notaron nunhas datas complicadas. Antonio José é o preparador para este curso. Xa botara unha man na recta final da tempada pasada. O anterior adestrador Oki, volveu vestirse de curto.

Imagen por defecto
Redacción Futbolinlugo
Artículos: 273

Deja un comentario