A escasas semanas de comezar a competición oficial, vémonos na obriga de informarvos das novidades de cara a mesma. O equipo de Futbolinlugo continuará con vós unha campaña máis. De feito, en próximos días faremos pública a nosa programación. O que sí vos podemos comentar é a realización da nova Guía do Fútbol provincial. Un ano máis da man do Diario El Progreso, ao que agradecemos a súa disposición a seguir camiñando xuntos neste proxecto.

O vindeiro sábado 14 de setembro verá a luz a segunda edición deste manual básico de supervivencia do fútbol lucense. 96 páxinas a toda cor con tódolos equipos femininos, de Preferente, Primeira, Segunda e Terceira Galicia. Ademais, contará cunha serie de novidades. Realizamos cambios nas fichas de cada xogador coa intención de facelas máis accesibles. E tamén terán o seu espazo os colexiados. Parte fundamental do xogo. Agardámosvos na nosa web e nos kioskos!
Co obxectivo de seguir mellorando a cada paso que damos, establecemos un Libro de Estilo interno para minimizar ao máximo os erros. Que os haberá seguro. Esperemos que en menor medida que na primeira edición, que foi todo un éxito de ventas. Grazas a todos vós. Por iso, xa levamos máis de dez días de visitas polos campos da provincia e a diferentes equipos. E os que quedan! Os nosos redactores Marcos Fernández, Santi Real, Iván Calaza e Diego Díaz volven contar coa axuda de Manu Amor, Helena del Río e Juanma Rodríguez nesta aventura. Unha guía na que aparece unha nova fichaxe: Rachu Carballedo. Para aportar a súa experiencia e bo facer cos equipos do Sur.
SER DEPORTIVOS. Aproveitamos xa esta noticia para anunciarvos outra renovación. Os redactores desta web seguiremos unha temporada máis coa colaboración co Ser Deportivos Lugo. O soberbio programa de Sara Meijide contará coas intervencións de Futbolinlugo os luns e os venres despois de comer para informar do mellor de cada xornada.

