Encaramos os últimos días do mes de xullo e os nosos equipos continúan coa súa posta a punto. Neste episodio con especial protagonismo para os conxuntos da Primeira Autonómica.
O Lourenzá fichou a Pablo López, porteiro formado nas categorías inferiores do Burela que militou a última temporada no Celeiro. Xunto con Bugui defenderá a portería do equipo adestrado por Diego Rego. O Xove Lago tamén renova ao seu gardameta Saúl, que cumplirá a súa cuarta temporada no equipo. O Castro, ao que dirixirá Vitín no ano do seu retorno a Primeira, segue perfilando o seu plantel. Incorpora a Lois Fernández, procedente do Chantada Atlético e a Dani Díaz, que retorna ao clube logo do seu paso polo Riotorto. Precisamente un dos capitáns nos últimos anos do Riotorto, Christian, que anunciou o saída do clube días atrás, fichou polo Ribeira Fútbol Sala, conxunto que este ano militará na Segunda División B.
Na Terceira Autonómica, o Antas presentou o seu organigrama de adestradores para a nova temporada. Jesús Melendo seguirá como adestrador do equipo sénior masculino. Ademáis será o adestrador de porteiros. Víctor Rodríguez e Carlos García formarán tándem para dirixilo equipo feminino, que continuará unha temporada máis en Primeira Divisón Galega. Txiki e Koeman faranse cargo do equipo xuvenil, mentres que Víctor Rodríguez e Félix Novo adestrarán ao cadete. Dani Abelairas seguirá na dirección deportiva, ademáis de adestrar ao equipo infantil.

