Xa non vai máis. Remata outra temporada máis na Preferente e faino con dous dos nosos representantes xogándose boa parte dos seus obxectivos. Mentras que o Castro xa está descendido, o Ribadeo co sexto posto no peto logo dunha boa temporada e a Sarriana coa cuarta posición ao alcance despois dunha campaña sobresaínte, o Foz e o Viveiro poñen en xogo nen máis nen menos que permanencia e ascenso respectivamente.
NOIA C.F. – C.D. FOZ (Domingo ás 18 horas no San Lázaro)
Duodécimo con corenta e oito puntos. Con eses números os cadro mariñán aínda non está a salvo logo de caer o Celta B a postos de promoción de permanencia na Segunda División B. «Contábamos estar salvados con este número de puntos, pero sabemos que para nós é unha final e temos que afrontala como tal. Un punto practicamente nos aseguraría a permanencia xa que deixaríamos seis por debaixo, pero podería non chegar. Sairemos a gañar», afirma Asier, mediapunta do C.D. Foz.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2019/05/asier-300x249.jpg)
O conxunto adestrado por Gayol ten o golaverage favorable con Puebla e Xallas, e en contra co San Tirso, sendo estes os equipos que poderían superalo na tabla. Negreira e Ordes xa quedarían por debaixo do Foz, incluso cunha derrota no campo dun Noia, que xa non pon nada en xogo aparte do cuarto posto que pelexará coa Sarriana.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Aínda que a permanencia está encarrilada, falta o último alento para lograla de xeito definitivo. De tódolo xeitos, para Asier «a temporada creo que é moi boa e non merecemos baixar. Temos moito mérito sendo tan poucos e contando con dous ou tres xuveniles todo o ano. Estou orgulloso deste equipo e da xente que nos tivo apoiando todo o ano».
ATLÉTICO ARTEIXO – VIVEIRO C.F. (Domingo ás 18 horas na Ponte dos Brozos).
Máis claras son as contas para o Viveiro. Para rematar a temporada no segundo posto que outorga o ascenso directo a Terceira División, os de Chusky deben gañar ao Arteixo e que o Arzúa perda no campo do Estudiantil. Aparentemente todo xoga a favor do cadro arzuán. Dous puntos de vantaxe e disputa o derradeiro encontro no campo do pechacancelas con tan só cinco puntos. Un encontro gañando en toda a temporada e cento corenta goles en contra. Os números de quen pode botar unha man non convidan ao optimismo. Pero chega decir que o único triunfo dos de Callobre foi ante a Sarriana, candidato ao ascenso.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2019/05/alex-meitin-300x200.jpg)
«Este último encontro temos que afrontalo coa mesma ilusión e ambición que tódolos que levamos disputado. Sabemos que temos que gañar para ter opcións de ascenso directo. Debemos centrarnos no Arteixo e non pensar no que poda pasar noutros partidos«, afirma Álex Meitín, capitán do conxunto viveirense. Para o extremo do equipo adestrado por Chusky, «a temporada é realmente espectacular pase o que pase o domingo. Conseguimos levar o equipo ao máis alto despois de moitos anos e Cantarrana volveuse a encher en bastantes encontros. Todo esto con moita xente xove e da casa«.
No caso de rematar na terceira posición, o Viveiro terá que xogar a promoción de ascenso ante o terceiro do grupo Sur, posto que se xogarán na derradeira xornada o Barbadás e Atios. O gañador desta eliminatoria terá que agardar aos posibles ascensos dos equipos galegos de Terceira a Segunda B para saber se pode xogar a vindeira temporada en categoría nacional.
ESTE FIN DE SEMANA TAMÉN PODES VER . . .
Preferente Norte
– C.D. Castro – S.D. Agolada (Domingo ás 18 horas no Arturo Pereiro): logo dunha temporada complicada, os de Brais Prados tentarán despedir a temporada cun triunfo ante un conxunto que tamén xogará a vindeira campaña en Primeira Autonómica.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)
– Ribadeo F.C. – S.D. Negreira (Domingo ás 18 horas no Pepe Barrera): os de Rafa Casanova serán uns dos xuíces nos tan temidos descensos por arrastre. Un triunfo dos mariñáns abocarían irremediablemente aos de Cabrejo á perda de categoría.
– S.D. Sarriana – C.D. As Pontes (Domingo ás 18 horas na Ribela): excepcional a temporada dos de Alberto López, malia non optar ao desexado ascenso na derradeira xornada. Despídense diante da súa afección recibindo ao líder.
Copa Deputación – Preferente e Primeira Autonómica (Fase Previa)
– Sporting Pontenova – Riotorto C.F. (Domingo ás 18 horas na Mina): o cadro local, que perdeu a categoría, e os visitantes, logo dunha segunda volta que puxo en serio perigo a permanencia, afrontan a copa co obxectivo de rematar a temporada cun bo sabor de boca.
– S.D. Santaballés – S.D. Outeiro de Rei (Domingo ás 18 horas na Liga): dous dos conxuntos que estiveron ás portas do ascenso a Preferente enfróntanse nunha fase previa na que ningún quere quedar fóra.
Copa Deputación – Segunda e Terceira Autonómica (Oitavos de final)
– Meira C.F. – Mondoñedo C.F. (Domingo ás 17:30 horas na Lomba): logo de dar a sopresa eliminando ao Lourenzá, os meiregos buscarán seguir disfrutando da copa, desta volta ante un Mondoñedo que tamén deixou na cuneta a outro dos favoritos, o Xermade.
– C.D. Guntín – S.D.C. San Lázaro (Domingo ás 17 horas en Ladairo): o conxunto local, logo de acadalo ascenso a Primeira, non se conforma e vai a pola copa. Despois de golear ao Ferreira, veranse as caras con outro dos equipos en forma: o San Lázaro, que ven de marcarlle sete ao Incio.